Chega unha nova entrega da serie "A cociña gourmet en conserva", da man de Conservas Pescamar. Nesta ocasión, imos cociñar unha receita moi sinxela, coa que imos aproveitar todos os beneficios dun dos moluscos máis importantes das nosas Rías: o mexillón.
Os Mexillóns Pescamar son un produto natural altamente nutritivo, grazas á súa achega en ferro, fósforo, vitamina B12 e omega 3. O seu baixo contido en graxas e alta porcentaxe de proteínas, convértenos nunha perfecta alternativa ás carnes vermellas en dietas saudables e de control de peso.
Esta receita ofrécenola o FROM, o organismo do Ministerio de Agricultura e Pesca encargado de regular o mercado dos produtos do mar. A través da súa páxina web, tamén nos lembra que "todas as elaboracións de peixe enlatado son moi aconsellables desde o punto de vista nutritivo".
Para preparar unhas deliciosas Empanadillas de mexillóns en escabeche Pescamar, necesitamos os seguintes ingredientes:
- 2 latas de mexillóns das Rías en escabeche con aceite de oliva gourmet Pescamar
- Masa para empanadillas
- 1 pemento vermello mediano
- 1 pemento verde mediano
- 1 cebola
- 1 folla de loureiro
- Aceite
- Pemento doce en po
- 1 chorro de viño branco
- 1 ovo
Preparación:
Seguiremos as instrucións do envase da masa para elaborar as empanadillas.
Para preparar o recheo, cortamos en tiras finas os dous pementos e a cebola.
Poñemos nunha tixola un pouco de aceite e fritimos as hortalizas lixeiramente a lume baixo ata que queden rustridas.
Perfumamos a mestura con pemento doce, loureiro e un chorro de viño.
A continuación, agregamos as dúas latas de mexillóns gourmet Pescamar. Se se desexa, pódese incorporar un pouco do escabeche das latas, ao gusto.
Engadimos o recheo á pasta.
Pechamos o círculo da pasta de cada empanadilla polo medio, vernizámolo con ovo líquido e enfornamos 15 minutos aproximadamente.
En quince días, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.