Renovar a dotación de material e a reforma integral da base do servizo municipal de Emerxencias en Adina foron as demandas que a concelleira de Seguridade de Sanxenxo, Vanessa Rodríguez Búa, trasladou este luns ao xefe provincial de Protección Civil, Evaristo Juncal.
Os responsables municipais pediron a colaboración da Dirección Xeral de Emerxencias para a adecuación das instalacións actuais.
Ademais, piden incorporar un vehículo contraincendios adecuado para a intervención en núcleos urbanos con acceso complicado, como poden ser os de Sanxenxo, Portonovo e Combarro.
Evaristo Juncal, xefe provincial de Protección Civil, visitou Sanxenxo dentro da rolda de reunións que está a realizar en toda a provincia de Pontevedra para coñecer as necesidades das dependencias municipais, nas que Vanessa Rodríguez Búa explicoulle que é necesaria unha redistribución de todo o espazo, un cambio de cuberta, dos diferentes servizos así como a dotación do mobiliario adecuado para a prestación deste servizo.