23:56 h: Rematamos este seguemento en directo da xornada electoral cos datos da cidade de Pontevedra. Nela, o PPdeG obtivo o 15.851 votos, un 38,33% (20.566 e un 44,94% no 2009). Finalmente, o PSdeG-PSOE mantivo a segunda praza ao acadar 7.770 votos, o 18,78%, (14.170 votos e o 30,96% no 2009), frente aos 7.712 votos e o 18,64% do BNG (7.623 votos e 16,66% no 2009). Só os separaron 58 votos. AGE foi a cuarta forza con 5.440 votos e o 13,15%. A diferencia da provincia, UPyD si conseguiu superar ao partido de Mario Conde e foi quinta. O maior fracaso foi o de Compromiso por Galicia. Foi superado por Escanos en Branco e polo Partido Contra o Matrato Animal.
23:38 h: Como dicía Rafael Louzán, os resultados do PPdG na provincia de Pontevedra son fantásticos. Foi o partido máis votado en 60 dos 62 concellos pontevedreses. O PSdeG-PSOE impúxose en A Illa de Arousa e en Fornelos de Montes. Pero neste último concello, por tan só sete votos.
23:31 h: A festa desátase no PPdeG pontevedrés. Gritos continuos de "se nota, se siente, Feijóo presidente".
23:26 h: Louzán di que esta vitoria demostra que "os galegos non queren experimentos, queren seguridade". Felicita ao partido polos seus resultados en Pontevedra, ao gañar en 60 dos 62 concellos. "A estratexia do medo que utilizaron algúns quedou desacreditada polos cidadáns", di o presidente do PPdeG pontevedrés, que tivo palabras para Rajoy "porque a vitoria tamén é de el". Asegura que o partido é o único "que di a verdade e que garante o futuro dende a serenidade con plantexamentos e con solucións dende o sentido común".
23:20 h: Chega a hora das valoracións no PPdeG de Pontevedra. Comparece Rafael Louzán, presidente provincial. Está acompañado de Pilar Rojo, Agustin Hernández e Begoña Estévez.
23:18 h: E Pachi Vázquez, traslada nesta rede social o mesmo discurso que pronunciou hai unha hora.
Galicia decidiu.Afrontamos este momento con tristeza, pero con serenidade. Agora toca reflexionar. Grazas aos que confiastes en nós @psdeg
Pachi Vázquez (@pachivazquez) octubre 21, 2012
23:15 h: Tamén no Twitter, o pontevedrés Guillerme Vázquez, acepta a derrota electoral.
Aceitando as cousas, por duras ou inxustas que me parezan, e desexando que @s galeg@s, coa sua decision vaialle mellor. Sempre Galiza.BNG.
Guillerme Vázquez (@guillermegz) octubre 21, 2012
23:10 h: ¡Presidente, presidente! Así reciben na sede pontevedresa do PPdeG a Alberto Nuñez Feijóo cando se asoma polas pantallas de televisión para pronunciar o seu discurso.
23:03 h: Comparece Alberto Núñez Feijóo. "Os galegos decidiron que o PP gañe limpia e claramente as eleccións", di no medio dos aplausos. Tras agradecer a confianza recibida, recoñece que "é unha responsabilidade engadida" e reiterou que "traballaremos para estar á altura da confianza dos galegos". Presume de que non é habitual que no medio dunha crise, "un goberno reciba este apoio". Asegura que os que sufren a crise "son os primeiros aos que me debo", reitera que a Xunta será "responsable, capaz e solvente" e trasmite unha mensaxe de confianza. "Os esforzos dos cidadáns teñen como obxectivo saír da crise" e di, ese será o seu principal traballo. Por último, adicou esta vitoria electoral ao expresidente da Xunta, Manuel Fraga.
23:00 h: No seu Twitter persoal, Xosé Manuel Beiras insiste na liña do seu discurso. "Que se esqueza Feijoo de que esta vitoria seralle cómoda", di.
Que se esqueza Feijoo de que esta vitoria seralle cómoda. Non!!!!! Temos que paralos e imos paralos!!!
Xosé Manuel Beiras(@xmBEIRAS) octubre 21, 2012
22:57 h: Á espera de que Alberto Núñez Feijóo faga o seu discurso, no PPdeG pontevedrés celebran con aplausos os resultados na provincia de Pontevedra. Logran manter os 11 deputados que tiñan.
22:54 h: Guillermo Meijón é finalmente o que comparece na sede pontevedresa do PSdeG-PSOE. Di que "no podemos estar satisfechos". Aún así, explicó que "un día como este lo que importa es el futuro y eso pasa por la reflexión".
22:49 h: Parece que xa non haberá cambios Co 94,47% (1.385.000 votos), o reconto deixa estes resultados: PPdeG (41), PSdeG-PSOE (18), AGE (9) e BNG (7). En Pontevedra, co 95,32%, acabaría con PPdeG (11), PSdeG-PSOE (5), AGE (3) e BNG (3).
22:42 h: Anécdota no medio da celebración. Informa Anxo Lourido que a luz marchou na sede do PPdeG en Pontevedra. O apagón durou algo menos dun minuto. Recuperada a enerxía, escoitan en silencio a comparecencia de María Dolores de Cospedal, secretaria xeral do PP.
22:36 h: Mentres sucéndense as comparecencias, continúa o reconto. Co 91,83% (1.346.000 votos), mantense o resultado da última hora. PPdeG (41), PSdeG-PSOE (18), AGE (9) e BNG (7). En Pontevedra, co 91,66%, quedaría así: PPdeG (11), PSdeG-PSOE (5), AGE (3) e BNG (3).
22:31 h: Xosé Manuel Beiras celebra os datos de Alternativa Galega de Esquerdas. "Nós conseguimos reactivar, ilusionar e darlle unha saída politica ao proceso de rebelión cívica que hai na sociedade", dixo. Cre que é un resultado que significa unha derrota electoral para o PP. "Non hai que afiarse dos resultados aparentes", porque asegura que "vai manter a maioría de escanos porque PSdeG-PSOE e BNG non obtiveron o apoio do electorado, porque non fixeron oposición estes anos". Descríbese como "o auténtico nacionalismo" combinado coa "esquerda social", e que por primeira vez vai a estar no Parlamento.
22:24 h: ÿense insultos na sede do PPdeG de Pontevedra ante o discurso de Jorquera. "Sinvergüenza" e "jabalí" foron os calificativos pronunciados polos militantes. Houbo tamén silbidos e apupos.
22:22 h: Comparece Francisco Jorquera, candidato do BNG. Felicita a Alberto Núñez Feijóo polo seu triunfo. Pide desculpas se considera que como candidato non estivo á altura. Recoñece que o BNG sufriu un "forte revés electoral". ÿ froito, dixo, da fractura que a formación viviu nos últimos meses. Di que os resultados de Alternativa Galega de Esquerdas son excelentes, pero que co a súa aparición beneficiouse ao PPdeG. "Con Beiras, o PP sempre logrou os mellores resultados". Como sempre, dixo, está ao servizo da súa organización.
22:20 h: Na sede pontevedresa do PPdeG, só hai caras de felicidade. Rafael Louzán comparecerá unha vez o faga o presidente nacional, Mariano Rajoy.
22:17 h: Co 84,99% dos votos escrutados (1.240.000 votos), todo segue igual. PPdeG (41), PSdeG-PSOE (18), AGE (9) e BNG (7). En Pontevedra, co 84,29%, tamén segue invariable o resultado: PPdeG (11), PSdeG-PSOE (5), AGE (3) e BNG (3).
22:16 h: A sede de Pontevedra do PSdeG-PSOE comeza a vaciarse. Agárdase a comparecencia do secretario provincial, Santos Héctor, para dentro duns minutos.
22:07 h: Recta final no reconto. Co 79,14% dos votos escrutados, mantense o resultado de hai tempo: PPdeG (41), PSdeG-PSOE (18), AGE (9) e BNG (7). Igual en Pontevedra, PPdeG (11), PSdeG-PSOE (5), AGE (3) e BNG (3). Aquí escrutouse o 76,16%.
22:04 h: O BNG di que os datos na cidade de Pontevedra son bos.Co 55,74% escrutado, mellora un 3 por cento os seus resultados e supera ao PSdeG-PSOE como segunda forza. Acaba de chegar o alcalde á sede nacionalista.
22:01 h: O discurso de Pachi Vázquez é recibido na sede pontevedresa do PSdeG-PSOE con tímidos aplausos. Hai moita seriedade entre os dirixentes socialistas.
22:00 h: O reconto chega ao 71,63% (1.046.000 votos). O resultado sería PPdeG (41), PSdeG-PSOE (18), AGE (9) e BNG (7). En Pontevedra, co 69,44%, o reparto quedaría en PPdeG (11), PSdeG-PSOE (5), AGE (3) e BNG (3).
21:55 h: Pachi Vázquez comparece en Santiago. Recoñece a derrota do PSdeG-PSOE. Di que Galicia decidiu dar unha ampla maioría ao PPdeG. Arroupado por varios dos seus candidatos, asegura que seguirá traballando "onde nos puxo a cidadanía". Asume "con serenidade" a responsabilidade dos resultados. Síntese orgulloso do traballo. Di que é hora de abrir unha profunda reflexión nos socialistas galegos.
21:48 h: Segue avanzando o reconto, parece que máis rápido que antes. Co 61,56% (900.000 votos), o Parlamento quedaría PPdeG (41), PSdeG-PSOE (18), AGE (9) e BNG (7). En Pontevedra, co 56,02%, o reparto quedaría en PPdeG (11), PSdeG-PSOE (5), AGE (3) e BNG (3).
21:43 h: Diego Espiño, desde a sede pontevedresa do PSdeG-PSOE, informa que van chegando numerosos militantes para encarar o final do reconto. Empezan a asumir a maioría do PP.
21:40 h: Pásase do 50% escrutado. Co 51,88% (758.000 votos), PPdeG (41), PSdeG-PSOE (18), AGE (9) e BNG (7). Os resultados van afianzando a vitoria do PPdeG.
21:33 h: PPdeG (42), PSdeG-PSOE (17), AGE (9) e BNG (7) é o resultado co 44,64% escrutado (650.000 votos). En Pontevedra, co 39,10%, o reparto quedaría igual que antes. PPdeG (11), PSdeG-PSOE (5), AGE (3) e BNG (3).
21:28 h: O escrutinio alcanza o 37,40% (545.000 votos). A este nivel, PPdeG (42), PSdeG-PSOE (17), AGE (9) e BNG (7). O cambio viría en Pontevedra, onde co 32,32%, o resultado é PPdeG (11), PSdeG-PSOE (5), AGE (3) e BNG (3).
21:21 h: Conta ÿskar Viéitez que na sede do BNG xa está gran parte do grupo municipal nacionalista en Pontevedra. Todos miran as pantallas do ordenador e falando polos teléfonos móviles. A sala de prensa está vacía.
21:18 h: Co 25,27% escrutado (369.000 votos), o resultado sería PPdeG (43), PSdeG-PSOE (17), AGE (9) e BNG (6). En Pontevedra, co 19,06%, o reparto de deputados sería PPdeG (12), PSdeG-PSOE (5), AGE (3) e BNG (2).
21:15 h: A noite segue avanzando. O reconto chega ao 21,92% (320.000 votos). PPdeG (44), PSdeG-PSOE (17), AGE (8) e BNG (6).
21:13 h: No PSdeG-PSOE de Pontevedra siguen atentamente o escrutinio na súa sede. Polo momento, no BNG, o silencio reina no seu centro de operacións.
21:07 h: Pontevedra supera a barreira do 10% de votos escrutados. Aquí, o reparto de escanos, co 11,59%, é PPdeG (13), PSdeG-PSOE (5), BNG (2) e AGE (2). En Galicia, co 15,91%, o PPdeG modera o seu resultado. PPdeG (45), PSdeG-PSOE (17), AGE (7) e BNG (6). Beiras e a súa coalición superarían ao BNG.
21:04 h: Supérase xa o 10% do reconto. No 10,96% (159.000 votos), o resultado sería PPdeG (45), PSdeG-PSOE (18), BNG (6) e AGE (6).
21:01 h: Co escrutinio no 8,63% (125.000 votos), o resultado sería PPdeG (47), PSdeG-PSOE (16), BNG (6) e AGE (6). Pontevedra é a provincia no que o reconto vai menos avanzado.
20:58 h: Mario Conde, candidato de Sociedad Civil y Democracia, asume que non entrará no Parlamento Galego. Así o expresa no seu Twitter.
Las israelitas no nos da escaño. Esto es l que hay por el momento. Vamos a ver comoacaba la cosa per tiene aspecto de que no entramos.
Mario Conde (@mariocondeconde) octubre 21, 2012
20:54 h: O escrutinio chega ao 5,45%, case 80.000 votos. PPdeG (48), PSdeG-PSOE (15), BNG (6) e AGE (6).
20:49 h: Seguen chegando membros do PPdeG á sede de Reina Victoria. Os últimos en facelo, o xerente do CHOP, José Manuel González, e a presidenta da Zona Franca de Vigo, Teresa Pedrosa.
20:45 h: No PSdeG-PSOE pontevedrés, polo momento tranquilidade ata que o escrutinio non sexa máis alto, pero caras moi serias.
20:42 h: O escrutinio avanza moi lentamente. Co 1,33%, (19.000 votos), o resultado sería PPdeG (48), PSdeG-PSOE (16), BNG (6) e AGE (5).
20:36 h: Acaba de chegar Luis Bará á sede local do BNG. Segundo ÿskar Viéitez, coas mans nos petos. Da voltas en círculos e miradas ao chan. Preocupan os datos dos nacionalistas.
20:29 h: Xa hai os primeiros datos oficiais. Comezan a chegar os resultados do escrutinio. Polo momento non son representativos. Co 0,11% escrutado (uns 1.500 votos), o resultado sería PPdeG (51), PSdeG-PSOE (14), BNG (5) e AGE (5).
20:23 h: Tamén están pendentes desde Pontevedra dos resultados no País Vasco. Hai murmullos no PSdeG-PSOE ao ver a forte caída dos socialistas, segundo as enquisas.
20:22 h: Chega Agustín Hernández, conselleiro de Medio Ambiente e Territorio nesta lexislatura, á sede do PPdeG en Pontevedra. Relaxado, pregunta polo "jefe". Rafael Louzán agarda no seu despacho.
20:11 h: Di Anxo Lourido que no PPdeG hai "relax absoluto" ante as enquisas. Agardarán tamén aos primeiros resultados.
20:06 h: Primeiras valoracións destas enquisas. No PSdeG-PSOE de Pontevedra, di Diego Espiño, hai expectación e sorpresa. Agardaban unha caída nos seus resultados, pero sorprende o ascenso de Beiras. Preocupan os datos de Pontevedra. Hai impaciencia ante os primeiros resultados.
20:04 h: VTelevisión, que conta cunha enquisa de Sondaxe, da datos moi similares. PPdeG lograría 39 deputados e o PSdeG-PSOE, 20. BNG e Alternativa Galega de Esquerdas empatarían con 8 deputados.
20:01 h: A enquisa de Ipsos para a CRTVG vaticina a vitoria electoral do PPdeG. Alcanzaría entre 39 e 42 escanos. O PSdeG-PSOE lograría 18-20, o BNG 7-8 e entraría Alternativa Galega de Esquerdas con entre 8 e 10 deputados, sendo a terceira forza. En Pontevedra, os datos serían PPdeG (10-11), PSdeG-PSOE (5-6), BNG (3-4) e Alternativa Galega de Esquerdas (2-3).
20:00 h: Pechan os colexios electorais. Comeza o reconto. En breve, empezarán a coñecerse os datos.
19:54 h: A calma é característica na sede do BNG. Conta ÿskar Viéitez que, polo momento, moi pouca xente achegouse ata alí. Tanto a radio como a televisión, como os ordenadores están apagados.
19:39 h: As sedes dos partidos comezan a animarse. Van chegando os candidatos e os políticos que seguirán o avance da noite electoral. No PPdeG, que estará na súa sede de Reina Victoria, estarán ao frente Rafael Louzán e Pilar Rojo. No PSdeG-PSOE, na rúa Irmáns Nodales, estarán Guillermo Meijón, Santos Héctor e os candidatos José Manuel Civeira e Patricia Vilán. E no BNG, na sede da rúa Marquesa, estarán, entre outros, Luis Bará e o alcalde, Miguel Fernández Lores. UPyD e Alternativa Galega de Esquerdas centrarán o seu seguimento en Santiago de Compostela.
19:37 h: Quedan apenas vinte minutos para o peche dos colexios electorais. Os votantes máis rezagados comezar a chegar. Os partidos agardan que estes últimos minutos eleven os datos de participación.
19:03 h: La Voz de Galicia conta a historia de Aquilina Alonso. Cumpre hoxe 101 anos e celebrouno votando. Acudiu ao colexio Froebel acompañado da súa bisneta.
18:50 h: O BNG presentou unha denuncia ante a Xunta Electoral de Pontevedra ao entender que representantes da administración electoral estaban actuando como apoderados do PP nun colexio electoral de Cuntis. Cóntao a axencia EFE.
17:19 h: Segundo avance de participación. Ás 17:00 horas, votaron o 42,51% dos electores. Son sete puntos menos (49,34%) que no 2009. Na provincia de Pontevedra, a participación alcanza o 42,59%. Algo inferior é a porcentaxe na cidade de Pontevedra, un 42,51%. Hai tres anos e medio, votaran xa un 49,74% dos pontevedreses.
16:15 h: PontevedraViva acompañou un traballador da Cruz Vermella de Pontevedra que trasladou a persoas con discapacidade, que así o solicitaron previamente, ata os colexios electorais para que exerzan o seu dereito ao voto. ÿ unha reportaxe de Anxo Lourido.
13:38 h: Cinco dos oito residentes na Illa de Ons tomaron esta mañá o barco Villa de Meira para exercer o seu dereito a voto na Casa da Cultura de Beluso (Bueu). Son xente de avanzada idade que, debido ao estado do mar, tiveron que volver á illa xusto despois de votar. ÿ unha información de EFE.
13:22 h: Tras votar, Ana Pastor, anima á participación porque "cuando uno deposita el voto decide en buena medida el futuro de su tierra". Di que a xornada electoral é "el día más importante de la democracia".
13:20 h: Ana Pastor, ministra de Fomento, vota no colexio Campolongo de Pontevedra. Di que seguirá o avance da xornada electoral en Santiago de Compostela, acompañando a Alberto Núñez Feijóo.
13:17 h: PontevedraViva recolle nun álbum fotográfico as mellores imaxes desta xornada electoral en Pontevedra.
13:01 h: Os únicos candidatos que hoxe non se votaron a si mesmo, son José Canedo, de UPyD, e Mario Conde, de Sociedad Civil y Democracia. O primeiro votou en Santiago de Compostela, cidade na que vive. Conde, que asegurou estar feliz por votar por vez primeira en Galicia, fíxoo na localidade ourensá de A Mezquita.
12:59 h: Os principais candidatos por Pontevedra xa votaron. Ningún deles na cidade de Pontevedra. Alberto Núñez Feijóo fíxoo no colexio García Barbón de Vigo. Na cidade olívica votou tamén Abel Losada, candidato do PSdeG-PSOE; mentres que Carlos Aymerich, do BNG, xa votara por correo. Juan Fajardo, cabeza de lista de Alternativa Galega de Esquerda, votou en Vilagarcía de Arousa; e Rafael Cuiña, de Compromiso por Galicia, nun colexio de Lalín.
12:37 h: Unha muller pregunta á prensa, entre os que está o noso compañeiro ÿskar Viéitez, que é "Escanos en branco", un partido que se presenta a estas eleccións. Quere votar en branco, pero non que anulen o seu voto. Di que non se fía "de esa papeleta tan rara". E se non renuncian a súa acta de deputado?, pregunta. Pasou no colexio electoral de Campolongo.
12:31 h: A participación alcanza o 12,75% ás 12:00 horas. A provincia máis madrugadora é Ourense. Nela votaron xa o 15,73%. En Pontevedra, votou o 11,95% dos electores. No 2009, xa pasaran polas urnas un 15,48% do censo electoral. ÿ unha porcentaxe moi similar a da cidade de Pontevedra. Nela, votou xa un 11,01%, case catro puntos menos que hai tres anos.
12:12 h: Primeiros avances de participación en Galicia. Un 12,31% dos electores xa votaron. Son case catro puntos menos que nas anteriores eleccións. A esta hora, no 2009, a participación chegaba ao 16,10%.
12:04 h: Os interventores do PP no colexio de Campolongo avanzan que a participación está a ser moi escasa. Non chega ao 10%, cando outros anos se superaba o 30%. Agardan un aumento de votantes á saída da misa.
11:56 h: Nunha da mesa electoral no colexio de Campolongo, produciuse outra das anécdotas da xornada. Unha muller quéixase de que é a terceira vez que lle toca ser presidenta de mesa.
11:37 h: Patricia Vilán, candidata do PSdeG-PSOE, votou no Instituto Valle Inclán de Pontevedra. Foi moi puntual coa hora anunciada. Tamén fixo un chamamento á participación cidadá. Novata e moi ilusionada di que a participación "é sempre importantísima".
11:35 h: A presidenta do Parlamento e número 3 do PPdeG por Pontevedra, Pilar Rojo, vota no colexio Salvador Moreno. Asegura que é consciente de que os político s"no pasamos por el mejor momento de valoración entre la gente". Pero insiste en que os cidadáns "tienen que estar por encima de esa desgana". Pola tarde, prevé descansar na súa casa "en el sofá para relajarse".
11:10 h: Tras votar no colexio Sagrado Corazón, José Manuel Civeira asegura que agarda unha alta participación, "especialmente entre os novos votantes".O número 7 da candidatura do PSdeG-PSOE pide que valoren "o moito que lle costou a moita xente hai anos que poidan exercer ese dereito".
11:07 h: Alfonso Rueda, número 2 da candidatura do PPdeG por Pontevedra, vota no Centro Galego de Tecnificación Deportiva. Fai un chamamento á participación e lamenta non poder participar na Media Maratón que se está a celebrar polas rúas da cidade.
11:02 h: José Manuel Civeira, candidato do PSdeG-PSOE, chega ao colexio Sagrado Corazón. Fíxoo cinco minutos antes da hora anunciada. Votou tras saúdar a todas as mesas electorais do centro.
10:58 h: O frío que fai neste domingo electoral e as molestias que, aos electores, lles está causando a Media Maratón de Pontevedra, son as principais queixas dos votantes nestas dúas primeiras horas de votación.
10:52 h: Os primeiros datos de participación coñeceránse contra as 12:30 horas. ÿ a seguinte das roldas de prensa previstas para hoxe desde a Xunta de Galicia.
10:46 h: O secretario xeral de Presidencia da Xunta de Galicia, Valeriano Martínez, protagoniza a primeira comparecencia do día no goberno galego. Destaca que a normalidade é a tónica dominante sin que se produjeran más incidencias "das habituais neste tipo de convocatorias".
10:38 h: Guillerme Vázquez, tras votar en Marcón, fixo un chamamento á responsabilidade dos galegos. Non é bo, dixo, absterse "nun momento tan delicado".
10:35 h: O candidato do BNG, Luis Bará, chega á delegación de Sanidade, na avenida de Vigo. Ven acompañado por Anxos Riveiro, concelleira nacionalista en Pontevedra. Bromea e di "sempre me teño que asegurar ao coller as papeletas, hai tantas!"
10:33 h: Informa ÿskar Viéitez dunha anécdota no colexio Froebel. Unha persoa que se atopou a porta aberta quixo votar antes de tempo. Houbo unha pequena discusión con el, que non chegou a máis. Eran as 8:35 horas.
10:19 h: Incidencia da mesa 2 do Pazo da Cultura. Conta Anxo Lourido que o presidente da mesa ten que abandonar o seu posto. Tras asinar o acta de constitución da mesa, di que se encontra mal. Onte non lle deran o xustificante médico. Nesa mesma mesa tampouco aparece un dos vocais.
10:16 h: Telmo Martín abandona o colexio de Salvador Moreno. Vai ir recoller co seu coche a Alfonso Rueda, secretario xeral do PPdeG. Ambos achegaranse ao Centro Galego de Técnificación Deportiva, onde votará Rueda.
10:15 h: Á Casa da Cultura de Marcón chega o voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez. Acompañado por Lola Dopico, exconcelleira en Pontevedra. Alí cruzáronse con Demetrio Gómez, edil de Xuventude, e con Rafael Iglesias, secretario comarcal da CIG.
10:10 h: Telmo Martín tamén votou xa. O presidente local do PP fíxoo, acompañado pola súa dona, no colexio Salvador Moreno uns minutos despois das dez da mañá. Comentou o pouco ambiente que hai comparado con anos anteriores.
10:05 h: Antes de ir a votar, Miguel Fernández Lores xa pasou por Bora, onde coincidiu coa primeira votante. Tamén visitou Monte Porreiro e a UNED.
10:02 h: O político pontevedrés máis madrugador foi o alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores. Chegou ao colexio electoral da Casa da Cultura de Marcón ás 09.45 horas. Cre que haberá máis abstención que nas anteriores eleccións, "pero non moita máis".
09:55 h: En apenas vinte minutos está prevista a primeira das comparecencias da Xunta de Galicia. Será ás 10:15 horas para informar do inicio dos comicios e das primeiras incidencias.
09:24 h: As máis de catro mil mesas de votación de Galicia constituíronse con normalidade e sen incidentes, informa EFE.
09:08 h: Os máis madrugadores empezan a votar nos colexios pontevedreses. Aproveitan o bo tempo. Fan ben. Amancemos cun día frío e despexado. Agárdanse choivas para a tarde, segundo Meteogalicia.
09:00 h: Comeza a xornada electoral. Ábrense as 1.342 mesas electorais da provincia de Pontevedra. Estarán abertos hasta as 20:00 horas.
08:00 h: Case 780.000 pontevedreses, chamados a votar nas eleccións deste domingo. Un amplo dispositivo de seguridade garantirá que todo transcorra con normalidade.