Eleccións 24M: Telmo Martín queda ao borde da maioría absoluta en Sanxenxo

Sanxenxo
25 de maio 2015

O Partido Popular obtivo 3.706 votos mentres que a segunda agrupación con máis votos foi Sanxenxo Agrupación Liberal por diante do BNG e do PSOE. Sanxenxo Pode acadou tamén un concelleiro

Telmo Martín González
Telmo Martín González / Mónica Patxot

O retorno de Telmo Martín como candidato non serviu para que o Partido Popular lograse a maioría absoluta no Concello de Sanxenxo. Os populares lograron oito concelleiros igual que en 2011, non obstante perderon 520 votos en relación cos anteriores comicios e quedaron ás portas da maioría absoluta que se sitúa nos 9 representantes.

Sanxenxo Agrupación Laboral (S.A.L.), encabezado por Gonzalo Pita, conseguiu un concelleiro máis que en 2011 situándose en catro. O Bloque Nacionalista Galego, con David Otero como candidato, pasa a ser a terceira forza máis votada, con tres representantes

Mentres, o Partido Socialista, liderado por Coral González-Haba, perde dous, pasando a ter un só concelleiro fronte aos tres que tiña na anterior corporación. Sanxenxo Pode logra, con 704 papeletas, representación no Concello coa figura de Roberto Carlos Agís.

O PP alcanza o 41,11% da porcentaxe de votos mentres que S.A.L. obtén o 20,91%, o BNG chega a 14,83%. Pola súa banda, o PSdG-PSOE só rexistra o 9,20% dos apoios preto do 7,81% de Sanxenxo Pode.

Arquivado en