O 112 Galicia recibiu este xoves a un grupo de 65 soldados da Brilat de Pontevedra que están a cursar estudos de formación profesional sobre a asistencia sanitaria, a atención a múltiples vítimas e seguridade privada e protección ante explosivos.
Tratábase dunha visita para coñecer o funcionamento e utilidades do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, no que foron guiados polo director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva.
Grazas a esta xornada os fectivos da Brilat puideron contextualizar mellor os coñecementos que están a recibir sobre a xestión de emerxencias.
Ademais visitaron as instalacións da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), centro de formación das forzas e corpos de seguridade e dos servizos de emerxencias que traballan en Galicia.