A terceira edición do Salón de Oferta de Educación e Formación de Galicia, Edugal, vaise desenvolver entre o 26 e o 28 de febreiro a través de tres xornadas que serán acollidas no Recinto Feiral del Pazo da Cultura de Pontevedra co obxectivo de informar a todas aquelas persoas que busquen camiños na formación a través da vinculación coa empresa e o emprego.
A concelleira Carlota Román realizou a presentación deste evento acompañada polo director de Edugal, Eduardo Barros, o xefe territorial de Educación, César Pérez, o presidente de Aempe, José María Corujo e o director do Conservatorio, Luis Costa. A concelleira destacou que levan máis de 10.000 visitasdurante as primeiras edicións e que o Salón xa se encontra consolidado nesta terceira cita.
Pola súa banda Eduardo Barros quixo referirse aos dous puntos nos que se fará máis incidencia durante o desenvolvemento das xornadas: a formación dual e o emprendimiento. O director de Edugal indicou que se vai intentar fomentar a interacción entre alumnos e empresarios co obxectivo de ensinar dentro das empresas.
Pola súa banda, Luis Costa, director do Conservatorio Manuel Quiroga, mostrouse moi satisfeito pola presenza do ensino artístico nesta edición do Salón.
Edugal contará con 35 expositores e xornadas técnicas sobre a orientación educativa e profesional en España e en Galicia; a dimensión europea da Educación cos novos programas Erasmus, ademais de actividades paralelas como recursos para pais con nenos de entre tres e seis anos, proxección dun curto educativo animado e o casting para a gravación do piloto dunha serie web.