Edugal conclúe con gran afluencia de visitantes

Pontevedra
19 de febreiro 2016

Máis de 100 colexios que participaron nas xornadas de orientación universitaria con intervención das tres universidades galegas

Edugal
Edugal / Aempe

O Salón da oferta de Educación e formación de Galicia, Edugal, finalizou este venres 19 no recinto feiral do Pazo da Cultura tras ser visitado por estudantes de máis de 100 colexios que participaron nas xornadas de orientación universitaria con intervención das tres universidades galegas. Ademais tamén se realizaron exhibicións de showcooking a cargo da Escola de Hostalería Carlos Oroza, teatro, djs, catación de aceites e viños, dos distintos ciclos formativos

Os alumnos tamén participaron nun tour polo campus de Pontevedra para que os alumnos coñecesen directamente como é o día a día dun universitario de maneira que máis de 100 alumnos comeron no campus.

Desde Edugal destacan a importancia dos viveiros de empresas que estiveron presente neste salón na modalidade de experiencias no seo de institutos e universidades, con aposta de organizacións como a propia Aempe que axudou a nacer a 70 iniciativas durante o ano 2015.

O presidente de Aempe, José María Corujo, avaliou esta cuarta edición sinalando que a cita está consolidada: "é o único salón de formación e educación que se celebra en Galicia".