O Salón de Educación e Formación de Galicia, Edugal, celebrará a súa 13ª edición entre o 9 e o 11 de novembro no Recinto Feiral de Pontevedra.
Convertida xa nunha cita imprescindible para o sector educativo pola súa oferta formativa, Edugal volverá ser un punto de encontro de estudantes, profesionais da educación, pais e nais.
Pretende situarse "como o salón educativo de referencia en Galicia, tratando de dar resposta as necesidades de información sobre a oferta formativa e orientación educativa", explicou na súa presentación a viceprensidenta da Asociación de Empresarios de Pontevedra (Aempe), Conchi Pereiro, acompañada da edil de Promoción Económica, Anabel Gulías.
A concelleira defendeu que se trata dun evento "consolidado" na Boa Vila nacido da colaboración de Aempe e o Concello para "falar de cuestións que cremos imprescindíbeis á hora de falar dunha cidade dinámica, viva e onde se favoreza o emprendemento", xa que o salón pretrende "ser un punto intermedio para esa xente que busca unha orientación entre os estudos e o mercado laboral".
Preto de 60 expositores instalaranse este ano no Recinto Feiral, estando presentes por primeira vez as universidades de Salamanca e Ávila.
Toda a información sobre o Salón de Educación e Formación de Galicia está dispoñible na súa páxina web oficial.