Este mércores 4 de abril, a Policía Local de Poio daba inicio as sesións de Eduación Vial en 5º de primaria no CEIP Espedregada, dentro da campaña 2017/18.
Dende primeira hora da mañá, os alumnos puideron coñecer os obxectivos fundamentais da Educación Vial, englobando aspectos como son a correcta conducción de bicicletas, evitar os accidentes de tráfico, viaxar con sentido da responsabilidade, crear hábitos de prudencia, coñecer as medidas de seguridade e respetar as sinais e normas.
Desta maneira dase inicio á campaña deste ano na que se chegará a 250 escolares de 5º de primaria nos centros do Concello de Poio.
O obxectivo principal é contribuir áformación de persoas responsables e solidarias.
As clases teóricas continuarán os días 5 e 6 de abril e servirán de preludio ás sesións prácticas que se levarán a cabo do 10 ao 13 deste mes e que terán lugar na Seca.
Alí realizaránse prácticas de condutor e peón coa colaboración da Xefatura Provincial de Tráfico de Pontevedra.