Educación e cultura nun novo acto de repartición de axudas do plan social de Ence

Pontevedra
20 de xuño 2017

Unha vintena de proxectos doutras tantas asociacións acudiron ao Café Moderno de Pontevedra para recibir as axudas comprometidas na primeira convocatoria do Plan Social lanzado pola empresa 

Entrega de axudas do Plan Social Ence no ámbito da cultura e a educación (arquivo)
Entrega de axudas do Plan Social Ence no ámbito da cultura e a educación (arquivo) / Mónica Patxot

O Café Moderno de Pontevedra foi escenario este martes do cuarto acto de entrega de axudas do Plan Social de Ence.

Nesta ocasión os beneficiarios foron unha vintena de asociacións e empresas que desenvolven proxectos relacionados coa educación e a cultura.

Trátase organizacións de Pontevedra, Poio e Marín que grazas a esta achega financiasen investigacións, festivais folclóricos, romarías, poderán adquirir novos instrumentos musicais ou renovar a súa vestimenta, entre outros asuntos.

Os proxectos seleccionados, sinala a empresa, traballan por manter a cultura tradicional galega e fomentan a memoria histórica.

As entidades que recibiron as axudas do plan social correspondentes á liña destinada a educación e cultura son: AC Ateneo Corredoira, Asociación Cristóbal Colón Galego, Airiños de San Xulián, Coral Virxe de Fátima, Asociación Cultural gaiteiro Manuel Villanueva, Lérez Ediciones SL (Diario de Pontevedra), Os 100 tolos, Asociación Cultural Xuvenil Combrus, Asociación de Genealogía Heráldica y Nobiliaria de Galicia, Asociación de labores de Marín Bolymar, ANPA Colexio San Narciso, Asociación Provincial de amas de casa Rías Baixas, Asociación Recreativa San Cristóbal, Clúster da Madeira e Deseño de Galicia, Gremio de Mareantes de Pontevedra, Grupo de danzas Amor Ruibal, Instituto Interculturas, Libre expresión de medios Galicia SL, Pontegest 2016 SLU e Sociedad de Ciencias de Galicia.