Editan 17.000 exemplares do Vaiapé, o metrominuto de Vilagarcía

O Salnés
22 de setembro 2019

Con motivo da celebración da Semana europea da mobilidade, o Concello de Vilagarcía de Arousa editou 17.000 exemplares do Vaiapé, un mapa que mide en tempo as distancias desde os aparcamentos disuasorios aos diversos servizos que se ofrecen no centro urbano

Plano "Vaiapé"
Plano "Vaiapé" / Concello de Vilagarcía

Con motivo da celebración da Semana europea da mobilidade, o Concello de Vilagarcía de Arousa editou 17.000 exemplares do Vaiapé, un mapa que mide en tempo as distancias desde os aparcamentos disuasorios aos diversos servizos que se ofrecen no centro urbano.

Repartiranse 15.000 exemplares nos domicilios por sistema de buzoneo.

O Vaiapé, inspirado no Metrominuto de Pontevedra, súmase ás iniciativas xa coñecidas do Vaibike o VaiBus e o VaiBus Plus.

A concelleira de Movilidad, Paola María Mochales, presentou en rolda de prensa esta iniciativa financiada cos Fondos Europeos da estratexia Edusi de Vilagarcía Avanza.

Esta proposta municipal inclúe tamén os horarios e os roteiros das liñas de autobuses urbanos.