A Mesa de Contratación do Concello propón a adxudicación da obra de reurbanización da rúa Gorgullón á empresa Construcciones EC Casas SL, unha actuación financiada con cargos aos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) concedidos á Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integral (EDUSI) de Pontevedra.
EC Casas se posicionou en primeiro lugar do concurso, fronte a outras trece firmas, cunha oferta económica de 1.258.629,17 euros.
Ademais a empresa pontevedresa asume as melloras formuladas polo Concello na convocatoria do concurso: o acondicionamento do entronque coa rúa Estación, valorada en 90.000 euros e a mellora do pavimento da banda central da rúa, valorada en case 50.000 euros.
A proposta da Mesa de Contratación pasará á Xunta de Goberno local para a aprobación da adxudicación. O Concello prestende comezar as obras co inicio do mes de setembro porque así haberá unha coincidencia temporal coa reurbanización da rúa Virxe do Camiño que está en marcha e deste xeito a veciñanza sofrerá menos tempo as molestias derivadas das obras.
Craves do proxecto de reforma da rúa O Gorgullon
- Plataforma única co tránsito restrinxido á veciñanza e o comercio, sen estacionamentos como nas rúas Michelena ou Peregrina
- Inverterase o sentido de circulación -pasará a ser sur-norte-; dúas vías transversais quedan en dirección a Eduardo Pondal -Moa e Travesía Eduardo Pondal- e peonalizarase a rúa do Muíño que salvará a pendente con escaleiras
- O Camiño de Santiago quedará sinalado cunha cor e pavimento diferenciados entre calzada e beirarrúas e luces led no chan semellantes ao centro histórico.
- Renovarase a iluminación con farolas led e redistribuiranse os puntos de alumeado.
- Vaise a aproveitar a obra para mellorar e incorporar novos servizos. Está previsto ampliar a rede de auga potable, completar o separativo de augas pluviais e fecais e instalar unha rede eléctrica novas.