Agora si. As Festas de Verán de Pontevedra xa están aquí. Como vén sendo habitual cada 11 de xullo, miles de persoas participaron na tradicional Romaría de San Bieito. Conseguir un traballo, ter unha boa saúde e, por que non, atopar o amor foron un ano máis as principais peticións dos fieis ao santo "máis milagreiro". No monasterio de Lérez, onde se garda a pequena imaxe do santo, reuniuse xente chegada de Pontevedra e alrededores.
Todos eles cumpriron ritos que marca a tradición como pasar por baixo do altar do santo, acariñar cun pano a imaxe ou entregar numerosos exvotos: veas, esmolas, ovos ou ata figuras de cera que reproducen partes do corpo que, supostamente, o santo axudou a curar. E por suposto, facerse cunha botella de "aceite do santo", ao que a tradición atribúe milagreiras propiedades curativas, especialmente para as enfermidades da pel.
Trala misa na honra a 'San Benitiño' e os principais oficios relixiosos, o santo saíu en procesión aos ombreiros dos fieis e co manto adornado de billetes, unha imaxe típica desta romaría. Como tamén o son as actividades máis lúdicas e culturais que tiveron lugar na beira do Lérez, nas inmediacións da praia fluvial.
Alí celebrouse a habitual mexillonada popular, na que se repartiron ao redor de mil quilos deste bivalvo, así como empanada, polbo e outros produtos típicos galegos. Como sempre se formaron longas colas para poder degustarlos. Foron moitos os pontevedreses que aproveitaron o bo tempo desta xornada festiva para sumarse a esta romaría. Algúns se desprazaron coas súas propias cestas de comida para participar neste xantar campestre.
Ademais, a música volveu ter un protagonismo especial nesta romaría. Desde a actuación da Banda de Música de Pontevedra, no adrio do mosteiro, ata as que se celebraron nos denominados 'salóns do Lérez', a os Gaiteros das Rías Baixas pola mañá e a do grupo Aturuxo Pequeno pola tarde. Pecha o programa a verbena na contorna do mosteiro, a cargo da orquestra Bahía.