E podemos imprimir euros?, preguntan no obradoiro de inventos da Feira Franca

Pontevedra
09 de xullo 2013

A pregunta non a formulou o ministro de Hacienda, Cristobal Montoro, senón un dos rapaces que participan no obradoiro de inventos da Feira Franca. Co frescor que achega o Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA) un grupo de nenos de entre cinco e dez anos de idade descobren quen foi Johannes Gutenberg (1398-1468) e a revolución que supuxo o invento da imprenta

A pregunta non a formulou o ministro de Hacienda, Cristobal Montoro, senón un dos rapaces que participan no obradoiro de inventos da Feira Franca.

Co frescor que achega o Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA) un grupo de nenos de entre cinco e dez anos de idade descobren quen foi Johannes Gutenberg (1398-1468) e a revolución que supuxo o invento da imprenta.

Unha invención que segundo o escritor arxentino Federico Andahazi non foi outra cousa que unha máquina para falsificar manuscritos.

De momento, do taller de Pontevedra non saen billetes, pero os pequenos xa coñecen polo miúdo o funcionamento da imprenta e o que supuxo para a historia da humanidade.

Cando chegue a Feira Franca terán que ser eles os que llelo expliquen ao resto da cidadanía dentro dunha das iniciativas organizadas pola Concelleira de Festas, Carmen da Silva.

Arquivado en