O gran desfile de disfraces e carrozas de Marín celebrouse este domingo polas rúas da vila cunha participación multitudinaria tanto de público como das persoas que se sumaron ao percorrido a pesar da choiva.
A praza do Regueiro da que partiu o desfile e todo o resto de rúas da percorrido -avenida de Ourense, Praza de España, rúa Almuíña, Jaime Janer e Concepción Arenal- abarrotáronse durante a tarde e a participación foi numerosa no parque Eguren, onde se realizou a entrega de premios, un total de 16.000 euros.
Os gañadores foron, na categoría de comparsas, Amoriños de Bora co primeiro premio, Os Solfamidas co segundo, As flores do Entroido no terceiro e Os do Pinsel como cuartos clasificados.
Na categoría de grupos, os gañadores foron, por esta orde: Desde Galicia para el mundo (1), Años 50 (2), El bosque encantado (3), Os Reais (4), Baixo presión (5), Exipto (6), Meigas Disney (7) e Ampliación Gran Montecelo (8).
En parellas o primeiro premio foi para O natural é fabuloso, o segundo levoullo Os marchosos heroes do Entroido e o terceiro, As árbores mutantes por culpa do cambio climático
Na última categoría, de disfraces individuais, os gañadores foron Pavoneándose en Marín e levaron o segundo premio Quero Casar e o terceiro, Tormenta.
A xornada deste domingo en Marín tamén xa empezara ás 10.30 horas da mañá cunha ciclomarcha e incluíu o pregón da comparsa Os Paparrulos no palco da Alameda e unha charanga. Pero a festa non se termina aquí e para este luns na Lameiriña Amigos dos Rapaces organiza ás 12.00 horas a Festa do Merengue e ás 16.45 horas unha festa infantil con verbena a cargo de orquéstraa Televisión.
O resto da programación pode consultarse aquí.