E con Ravachol incinerado remata o Entroido máis longo

Pontevedra
21 de febreiro 2016

Centos de persoas acompañaron ao loro de Perfecto Feijoo na súa última viaxe ata que foi queimado na praza da Ferrería ante os saloucos dos presentes. Deste xeito, remata un Entroido que debido ao mal tempo foi adiando os actos durante todo este mes de febreiro

Enterro do loro Ravachol 2016
Enterro do loro Ravachol 2016 / Diego Torrado

Centos de persoas acompañaron ao loro de Perfecto Feijoo na súa última viaxe ata que foi queimado na praza da Ferrería ante os saloucos dos presentes. Deste xeito, remata un Entroido que debido ao mal tempo foi adiando os actos durante todo este mes de febreiro.

Durante toda a xornada foron moitas as persoas que trasladaron o seu pésame ao boticariopropietario desta singular mascota na praza da Peregrina e despois na praza da Verdura onde se instalou o velatorio de Ravachol.

Ás 20.00 horas, de rigoroso loito unha ampla comitiva custidou ao animal no cortexo fúnebre que partía da praza da Verdura percorrendo as rúas San Román, A Ferrería, paseo Antonio Odriozola, Soportais, Manuel Quiroga, Princesa, Sabela II, rúa Real, Sarmiento, Pasantería e praza da Ferrería.

Nesta última praza incinerouse ao finado Ravachol acompañado do espectáculo necrolóxico. Segundo fontes médicas, os esforzos do papel que viña desenvolvendo como negociador no caso Ence foron tan duros que remataron afectando o corazón do loro causándolle a morte.

No séquito participaron as comparsas Val do Lérez, Amoriños de Bora, os Paparrulos, Os Solfamidas, Las Flores del Carnaval, Vamos a Todo e Os da Caña.

Arquivado en