...E Aymerich responde: "Que un Cuiña fale de xogo sucio xa o di todo, que revise as fotos familiares"

Pontevedra
08 de outubro 2012

Aymerich prefire non contestar ao reto de Rafael Cuiña e alude ao seu pasado familiar para rebatir o dito polo candidato de Compromiso por Galicia

Aymerich contesta a Rafael Cuiña aludindo ao seu pasado familiar /

Carlos Aymerich non tardou en responder ao reto lanzado por Rafael Cuiña. No mesmo escenario, unha reunión con membros da Asociación de Jóvenes Empresarios, o candidato nacionalista explicou que el "sempre dixen que ía continuar non BNG, pasase ou que pasase na asemblea". Pero negouse a responder ao reto lanzado por Cuiña para que explicase o seu comportamento no partido nos últimos meses.

"Eu non vou a meter a Rafa Cuiña en campaña, francamente. Eu estou no BNG porque sempre estiven no BNG. Os problemas de Cuiña e a súa familia ou as súas empresas non son os meus problemas. O meu problema é traballar por Galicia e o señor Cuiña que fale do seu", afirmou Carlos Aymerich, a quen a acusación de levar un xogo socio, sacoulle un sorriso. "Que un Cuiña fale de xogo sucio xa o di todo, que revise as fotos familiares".

Ante os novos empresarios de Pontevedra, Carlos Aymerich explicou que o BNG "está comprometido co desenvolvemento de Galicia". Neste sentido, o candidato nacionalista reiterou que "precisamos unha base industrial e empresarios comprometidos co país", e que o goberno do PP non fixo nada por este sector "só fai falta ver como está o IGAPE".

Aymerich recordou que o Concello de Pontevedra "aposta por un modelo de cidade amable co emprendemento" e reiterou que as medidas que incluíron no programa electoral axudarán a que "a xente que queira comprometerse con investimentos neste país teñan todas as falicidades, porque son as alternativas e a solución que nos fai falta".

Con respecto á prohibición da Xunta Electoral á manifestación prevista para esta tarde por CCOO e UGT, Carlos Aymerich afirmou que supón un "dobre raseiro que alguén terá que explicar". Segundo o cabeza de lista do BNG por Pontevedra "habería que darlle unha volta á lexislación electoral, porque francamente a liberdade de expresión débese poder exercer tamén en campaña".

"A Xunta Electoral debería repasar o auto do xuíz Pedraz sobre o 25S. Se cadra alí encontra algún argumento para decatarse de que está indo máis alá do que a Constitución lle permitiría⿝, concluíu Aymerich.

Arquivado en