E alá se foi tamén o Mexillón de Combarro. O Entroido de Poio entra na recta final

Poio
19 de marzo 2017

O acto final do Entroido 2017 de Poio será o vindeiro sábado 25 de marzo, co Enterro do Galo Fodorico e a VI Festa do Choqueiro en San Xoán. O cortexo fúnebre sairá ás 20.00 horas da praza do Mosteiro e a incineración será na praza de Arís

Enterro do Mexillón en Combarro 2017
Enterro do Mexillón en Combarro 2017 / Diego Torrado

E, por fin, Combarro puido darlle a digna e esperada despedida ao Entroido e ao seu particular personaxe destas datas, o mexillón. Este domingo, esta parroquia de Poio celebrou o Enterro do Mexillón previsto inicialmente para o 2 de marzo, pero que tivo que aprazarse pola choiva.

Esta actividade organizada polo Ateneo Corredoira de Combarro percorreu as rúas Maceira e Francisco Regalado, ata terminar na praza da Chousa cun sentido velorio. Os veciños de Poio non só despedían ao protagonista do Entroido de Combarro, senón a pena de que este sexa xa un das últimas rabexadas destas festas no municipio.  

O acto final do Entroido 2017 de Poio será o vindeiro sábado 25 de marzo, co Enterro do Galo Fodorico e a VI Festa do Choqueiro en San Xoán. O cortexo fúnebre sairá ás 20.00 horas da praza do Mosteiro e a incineración será na praza de Arís.  

Arquivado en