...e agora en granate

Pontevedra
12 de marzo 2015
Actualizado: 19:59

De sorpresa os máis madrugadores topáronse este xoves con este problemático enclave pechado ao tráfico mentres varios operarios completaban o pintado levado a cabo durante a noite e que impediu ata o mediodía pasar por enriba do pavimento

Novo pavimento no cruzamento de Cobián Roffignac
Novo pavimento no cruzamento de Cobián Roffignac / Mónica Patxot

ÿ indubidable a relación entre Pontevedra e o granate. Quizais esta fose decisiva á hora de elixir o novo deseño que loce dende este xoves no cruzamento das rúas Benito Corbal e Daniel de la Sota. Pero para gustos hai cores.

De sorpresa os máis madrugadores topáronse hoxe con este problemático enclave pechado ao tráfico mentres varios operarios completaban o pintado levado a cabo durante a noite e que impediu ata o mediodía pasar por enriba do pavimento. Nin coches nin peóns.

A solución elixida suscita diferentes opinións, tantas como pontevedreses pasan por este cruzamento, que por terceira vez e en apenas un ano o Concello de Pontevedra se viu obrigado a reparar.

A actuación levada a cabo consistiu na retirada do último pavimento e o seu posterior asfaltado. De novo no chan púxose o sinal de zona residencial.

Durante as primeiras horas todo ía ben, pero... a chuvia caida a media tarde revelou un novo problema: a pintura é lixeiramente escorregadiza.