O Rei emérito e Felipe VI coincidirán nas Rías Baixas a próxima semana.
Estarán en dous municipios veciños, O Grove e Sanxenxo, pero non hai previsión oficial dun encontro entre pai e fillo.
Juan Carlos I chegará o luns a Sanxenxo para participar na regata que leva o seu nome, a partir do xoves, a bordo do 'Bribón'. Será a cuarta visita que o emérito realizará a España desde que se trasladou a Emiratos Árabes Unidos en agosto de 2020.
Tamén o xoves estará Felipe VI na illa da Toxa para participar na entrega do III Premio Foro La Toja, segundo consta na axenda oficial da Casa Real.
A última vez que coincidiron pai e fillo foi o pasado mes de xaneiro en Atenas no funeral de Constantino de Grecia.