Renfe reforzará o seu servizo no Eixo Atlántico galego durante determinadas datas de novembro e decembro con trens en dobre composición para facilitar os desprazamentos de fin de semana.
A medida afectará a dúas conexións específicas entre A Coruña e Vigo.
Os días afectados por esta ampliación serán os venres 8, 15, 22 e 29 de novembro, o xoves 5 de decembro (véspera da Constitución) e o venres 20 de decembro.
Os trens reforzados con máis prazas serán:
O MD 9173, que sae dA Coruña ás 17:00 e chega a Vigo-Urzáiz ás 18:20
O MD 9192, que parte de Vigo-Urzáiz ás 19:25 e arriba á Coruña ás 20:45
Ambos os servizos realizan paradas en Santiago de Compostela, Vilagarcía de Arousa e Pontevedra.
A ampliación realizarase mediante a unión de dous trens serie S121.
Esta decisión permitirá dispor de 560 prazas por convoi, ademais dos asentos reservados para persoas con mobilidade reducida.