Dúas tibias e unha caveira na nova bandeira de Pontevedra

Pontevedra
18 de febreiro 2015

A historia de Pontevedra tan é rica en personaxes e lendas que ofrece sobrados argumentos para xustificar unha festa. Aínda que para ir de troula non fagan falta escusas

Noite pirata
Noite pirata / Diego Torrado

A historia de Pontevedra é tan rica en personaxes e lendas que ofrece sobrados argumentos para xustificar unha festa. Aínda que para ir de troula non fagan falta escusas.

O pirata da Moureira, Benito Soto, tamén saqueou o corazón dos pontevedreses facendo súa a noite do martes de Entroido.

Enroláronse nesta tripulación pirata a Asociación Combrus e Troula e as comparsas Os da Caña, Solfamidas, Las Flores del Carnaval, Os Cientolos, Os Paparrulos, Amoriños de Bora, Val do Lérez, Clave de Sol e Vamos a Todo.

Polos sete mares das prazas e rúas de Pontevedra, Benito Soto a bordo do Burla Negra enfrontouse con éxito ao barco inglés Morning star e o francés Trois mers.

O resultado foi celebrado polos locais ata altas horas da madrugada.

Arquivado en