Un accidente de tráfico ocorrido onte á noite en Cambados provocou feridas nos dous condutores dos turismos implicados.
Segundo informan os servizos de emerxencia, o sinistro tivo lugar na PO-550, á altura do hotel Cruceiro.
Tras o choque entre ambos, un home de 42 anos, veciño de Cambados, queixábase de dor cervical, lumbar e dorsal; mentres que a segunda vítima, unha moza de 20 anos, veciña de Sanxenxo, tamén viu afectada a súa zona cervical e lumbar.
Ambos foron trasladados ao Hospital do Salnés.
Ao lugar do accidente trasladáronse Garda Civil de Tráfico, ambulancias do 061 e efectivos de Protección Civil de Cambados.