Dúas mulleres, que son nai e filla, resultaron feridas nun accidente que se rexistrou esta tarde na Autovía do Salnés, ao seu paso polo municipio pontevedrés de Meis.
Segundo relataron as testemuñas aos servizos de emerxencias, as dúas vítimas quedaron atrapadas dentro do coche, pero cando chegaron os bombeiros varios condutores xa as liberaban.
Ambas as mulleres foron trasladadas en ambulancias do 061 ao Hospital Domínguez. As dúas presentaban feridas leves.
Un carril da autovía estivo cortado ata que operarios do mantemento de estradas procederon á limpeza da calzada.
Nesta intervención, que se produciu minutos antes das cinco da tarde, participaron tamén efectivos do servizo de emerxencias de Cambados e axentes da Garda Civil de Tráfico.