Dous traballos de grao e un de máster, gañadores dos premios Ernestina Otero

Pontevedra
24 de novembro 2014

A Concellaría de Igualdade entregará este mércores, 26 de novembro os primeiros premios de postgrao de igualdade Ernestina Otero, en colaboración coa Universidade de Vigo. O obxectivo destes premios é fomentar a sensibilidade da perspectiva de xénero na xente nova, e fomentar a interconexión do campus coa cidade

Homenaxe a Ernestina Otero, directora da Escola Normal de Pontevedra
Homenaxe a Ernestina Otero, directora da Escola Normal de Pontevedra

A Concellaría de Igualdade entregará este mércores 26 de novembro os primeiros premios de postgrao de igualdade Ernestina Otero, en colaboración coa Universidade de Vigo. O obxectivo destes premios é fomentar a sensibilidade da perspectiva de xénero na xente nova, e fomentar a interconexión do campus coa cidade.

Nesta primeira edición os dous traballos de grao gañadores son:

  • O fomento da igualdade entre os sexos na escola infantil a través dos contos, de Sandra Benavides Rodríguez.
  • A cegueira do xénero. O longo e tortuoso camiño entre homes e mulleres, de Tania Ríos Coello.

 

O traballo de master gañador foi:

  • A arte na resistencia. Prácticas feministas de xénero. Unha crítica ao pensamento dominante, de Sylvia Peceño Serrano.

 

Esta convocatoria ofertaba dous premios de grao e un de máster cunha contía de 1.000 euros cada un.

A entrega do premio será este mércores 26 de novembro, ás 19.00 horas na Casa das Campás. Este acto está incluído dentro da campaña do 25 de novembro, Día internacional da non violencia contra as mulleres.