Dous premios nacionais Best in Class 2024 para os servizos de Dixestivo e Dermatoloxía

Pontevedra
20 de novembro 2024

Dixestivo, considerado mellor servizo de España dous anos despois de colmar os recoñecementos á mellor Unidade de Hepatitie C. Dermatoloxía, mellor unidade de atención ao paciente nesta especialidade

Delegación pontevedresa nos premios nacionais Best in Class
Delegación pontevedresa nos premios nacionais Best in Class / Sergas

Os servizos de Dermatoloxía e de Aparello Dixestivo do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra recibieron esta semana dous premios nacionais Best in Class 2024. 

Estas distincións nacionais, convocadas anualmente pola Cátedra de Innovación e Xestión Sanitaria da Universidade Rey Juan Carlos e a publicación especializada Gaceta Médica, recoñecen publicamente os mellores servizos, unidades e procesos asistenciais de hospitais e centros de saúde de toda España. 

Unha delegación da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés encabezada polo xerente, José Flores, e os responsables dos servizos premiados acudiu este martes ao acto oficial de entrega dos premios, unha gala honorífica no Ilustre Colexio de Médicos de Madrid.

Por parte do servizo de Dixestivo, recolleron o galardón o xefe de servizo e a enfermeira especializada en enfermedades inflamatorias intestinais, Juan Turnes e Raquel Díez.

Neste caso, a aposta pola Enfermaría de Práctica Avanzada, a investigación e a innovación foron algúns dos factores diferenciais que se salientaron na gala. 

Este novo premio chega só dous anos despois de recoller por terceira vez consecutiva o premio á Mellor Unidade de Hepatite C nacional. Tamén chegou o mesmo día que o premio E-nnova Health 2024na categoría Big Data e Intelixencia Artificial polo seu proxecto COMTA.

No caso do servizo de Dermatoloxía, foi recoñecido coma a mellor unidade de atención ao paciente nesta especialidade. Recolleu o premio a doutora Teresa Abalde Pintos, xefa de sección.

Destacou que este servizo integrado na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés "ten unha longa traxectoria clínica e investigadora" e está composto por profesionais "adicados", que crean a contorna para mellorar a experiencia do paciente.

Este servizo recibiu ata o de agora cinco premios nacionais coma mellor Unidade de Psoriase en atención ao paciente, motivo polo que a Unidade de Psoriase recibiu as 5 estrellas Best In Class.

A doutora Abalde destacou que este premio é "froito do traballo conxunto" co Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur e do "apoio permanente de todo o persoal" da área sanitaria.