O número de falecementos de pacientes con positivo activo por covid na área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés elevouse a 299 desde o inicio da pandemia.
Así se desprende dos datos oficiais ofrecidos este martes 28 de xuño polo Servizo Galego de Saúde, no que se suman dúas novas mortes na área pontevedresa.
Trátase de dos homes de 63 e 90 anos de idade, que presentaban patoloxías previas.
No que se refire ás persoas con coronavirus que necesitan atención hospitalaria, son 74 os ingresados, dos que 3 evolucionan na Unidade de Coidados Intensivos de Montecelo e o resto fano en planta repartidos entre o Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (64) e o Hospital do Salnés (7).
Ademais o Sergas realiza seguimento actualmente a 1.297 casos activos de covid en Pontevedra e O Salnés.
Con estas dúas mortes a cifra de falecementos de pacientes con positivo activo por coronavirus no mes de xuño ascende a oito.