Dous motoristas feridos nunha colisión en Salcedo

Pontevedra
07 de xullo 2014

Como consecuencia do sinistro un dos motoristas, un home de 80 anos, tivo que ser trasladado por unha ambulancia do 061 a un centro hospitalario, mentres que o outro home sufriu feridas de menor consideración

Colisión entre dous motoristas na N-550
Colisión entre dous motoristas na N-550 / PontevedraViva

Dous motoristas resultaron feridos nunha colisión rexistrada na estrada N-550 á altura da parroquia de Salcedo, no municipio de Pontevedra.

Segundo informa o 112, un particular avisou do suceso ás 11:49 horas deste luns.

Como consecuencia do sinistro un dos motoristas, un home de 80 anos, tivo que ser trasladado por unha ambulancia do 061 a un centro hospitalario, mentres que o outro home sufriu feridas de menor consideración.

MOTORISTA FERIDO EN SANXENXO

O 112 tamén informou doutro sinistro cun motorista implicado.

Nesta ocasión o accidente tivo lugar á altura da praza de abastos de Portonovo, en Sanxenxo.

Foi un particular quen trasladou no seu vehículo ao accidentado ata un centro sanitario.

CORTE DA AUTOVÍA DO SALNÿS

Pola súa banda, a circulación na Autovía do Salnés estivo cortada durante media hora despois de accidentarse un camión no enlace da AG-41 (Autovía do Salnés) coa AP-9, en Curro (Barro), que estivo cortada a causa do accidente dun camión.

A Garda Civil de Tráfico confirmou que, arredor das 10:30 horas da maña deste luns foi reanudada a circulación.

Afortunadamente, non houbo feridos. Segundo indicaron os servizos de emerxencias alí desprazados, o reventón de dúas rodas puido ser o motivo polo que o vehículo e saíu da vía e rompeu o valo de seguridade.

Os particulares que alertaron ao CAE 112 Galicia aseguraban que o camión estaba atravesado na vía e había moita retención. O vehículo transportaba froita. Dende o Centro de Atención ás Emerxencias, se pediu a colaboración do persoal de limpeza e mantemento da Xunta de Galicia.