Dous millóns de euros para crear unha trintena de novas prazas no centro Princesa Letizia

O Salnés
04 de febreiro 2023

O Centro Princesa Letizia de Amencer-Aspace creará 22 prazas de centro de día e nove de atención residencial, que permitirán ofrecer estadías de fin de semana para o respiro familiar

Fabiola García, conselleira de Política Social e Xuventude, con representantes de Amencer-Aspace
Fabiola García, conselleira de Política Social e Xuventude, con representantes de Amencer-Aspace / Xunta de Galicia

O Centro Princesa Letizia de Amencer-Aspace de Vilagarcía de Arousa ampliará as súas prazas coa axuda concedida pola Xunta de Galicia de 2 millóns de euros. Crearanse 22 prazas de centro de día e nove de atención residencial para persoas con discapacidade.

A conselleira de Política Social e Mocidade, Fabiola García, visitou este venres as instalacións do centro e concretou que esta axuda procede da nova orde de axudas para a construción ou remodelación de centros de titularidade social, dotada con 13 millóns de euros.

Ademáis, asegurou que con estas novas prazas de atención residencial, esta entidade poderá facilitar a estancia de fin de semana para respiro familiar a 135 coidadores habituais ao ano. Lembrou que o goberno galego ofrece axudas de entre 1.500 e 1.000 euros para estancias en residencias ou para o pago dun coidador no fogar.

Fabiola García sinalou que se ofrecen axudas directas a través do IRPF; de máis prazas públicas de atención; da actualización salarial dos profesionais cunha axuda específica de 3,4 millóns de euros; e de orde para adquisición de vehículos.