O Concello de Sanxenxo dedicará un amplo programa de actividades á conmemoración do Día Internacional da Muller.
As actividades programadas polas concellarías de Servizos Sociais e de Educación, a través do Centro de Información á Muller (CIM), arrincarán xa en febreiro.
Así, o próximo día 10 de febreiro, celebraranse nos centros educativos o Día da Nena e da Muller na Ciencia. Realizarán distintos tipos de experimentos e afondarán nas achegas de grandes científicas galegas ao progreso da humanidade como Ángeles Alvariño, Ramona Vaamonde o Begoña Vila.
O 21 de febreiro, terá lugar a presentación de "Coidándote para Coidar", ás 11 horas, na Casa de Cultura de Adina. O programa comezará o 13 de marzo e terá un total de 15 sesións, divididas en tres bloques: O autocuidado emocional da persoa coidadora, Información Xurídica e recursos sociais e Adaptación do fogar á persoa dependente. A inscrición deberá realizarse a través do correo cim@sanxenxo.org ou no teléfono 986 727 901, sede de Servizos Sociais.
As actividades continuarán cun curso de autodefensa feminina, o 5 e 12 de marzo; un contacontos "Contamos pola igualdade" nos centros educativos municipais, o 10 de marzo.
O acto central terá lugar o venres 7 de marzo cunha mesa redonda "Mulleres con voz".
O 8 de marzo continuaranse con accións conmemorativas na Festa do Ghato en Portonovo.
O 20 de marzo, celebrarase un ciclo de conferencias baixo o título "Muller e saúde" onde se abordarán por expertos enfermidades como a fibromialxia, doenzas reumáticas, depresión e autocuidado emocional.
A programación polo 8-M pecharase coa 26ª Mesa Local contra a Violencia de Xénero o próximo 27 de marzo.