Dous homes de 71 e 80 anos elevan a 284 os falecementos de pacientes con covid na área sanitaria

Pontevedra
12 de maio 2022

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés conta este xoves 12 de maio con 74 pacientes con positivo activo por coronavirus hospitalizados, dos que un evoluciona na Unidade de Coidados Intensivos de Montecelo

Hospital de Montecelo
Hospital de Montecelo / Mónica Patxot

O Servizo Galego de Saúde informou este xoves 12 de maio de dous novos falecementos de pacientes con positivo activo por coronavirus na área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

Trátase de dous homes, de 71 e 80 anos, que presentaban patoloxías previas e que fan subir a 284 o número de falecementos na área pontevedresa de persoas coa infección activa.

Polo demais o Sergas sinala que actualmente con 1.588 os casos activos aos que realiza seguimento dos que 74 atópanse ingresados en hospitais da comarca.

En concreto 73 persoas evolucionan en planta repartidos entre o Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra 70 e o Hospital  do Salnés (13), e un máis se atopa na Unidade de Coidados Intensivos de Montecelo.