Dous feridos nunha colisión entre tres coches na AP-9

Pontevedra
21 de xullo 2015

Dúas persoas resultaron feridas nun rechamante accidente rexistrado a primeira hora de mañá deste martes na autoestrada AP-9 ao seu paso pola cidade de Pontevedra. Os tres coches circulaban pola AP-9 en dirección a Vigo cando, pasados uns minutos das 8.30 horas, colidiron

Dúas persoas resultaron feridas nun rechamante accidente múltiple rexistrado a primeira hora de mañá deste martes na autoestrada AP-9 ao seu paso pola cidade de Pontevedra. No sinistro víronse implicados tres vehículos.

Segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, os servizos sanitarios de urxencia trasladaron dúas persoas que quedaron feridas logo da colisión dos tres coches.

Os tres coches circulaban pola AP-9 en dirección a Vigo cando, pasados uns minutos das 8.30 horas, colidiron. Un particular alertou ao 112 e, de seguido, solicitouse a intervención de Urxencias Médicas, da Garda Civil de Tráfico e de Protección Civil de Pontevedra. Tamén se informou ao persoal de Control da autoestrada.