Dúas persoas resultaron feridas leves na tarde deste mércores ao producirse un accidente de tráfico na rotonda do Alto do Pousadoiro na saída dirección Carril no Concello de Vilagarcía de Arousa.
O accidente rexistrábase ao producirse o impacto entre un turismo que golpeaba por detrás un coche fúnebre. Os dous condutores e únicos ocupantes dos vehículos sufriron feridas de carácter leve e trasladáronse polos seus propios medios a un centro hospitalario para ser atendidos. Segundo Protección Civil de Vilagarcía, o coche fúnebre regresaba de realizar un servizo funerario nun enterro pero o vehículo encontrábase xa sen carga.
Ata o lugar desprazáronse axentes da Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e Protección Civil de Vilagarcía, segundo información facilitada polo servizo de Emerxencias do 112.