Dous feridos na colisión entre unha moto e un coche e un turismo e un camión

Pontevedra
06 de novembro 2012

O primeiro sinistro consistiu na colisión entre unha moto e un coche e saldouse co motorista ferido e traslado ao hospital

A colisión entre unha moto e un coche e un turismo e un camión deixaron ao longo da tarde dúas persoas feridas en Pontevedra e Caldas de Reis.

Segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia-112, o primeiro dos accidentes produciuse ás 16.15 horas na rúa Leandro del Río Carnota do centro de Pontevedra.

O sinistro consistiu na colisión entre unha moto e un coche e saldouse co motorista ferido e traslado ao hospital. A Policía Local de Pontevedra levantou atestado do sucedido.

O seguno accidente produciuse ás 17.08 horas na estrada N-640 á altura de Caldas. Segundo o 112, consistiu na colisión entre un turismo e un camión e o condutor do coche sufriu feridas leves.