Sobre as nove da noite deste mércores rexistrouse unha brutal colisión entre dous coches que circulaban polo tramo de tres carrís da estrada de Pontevedra a Vigo, a nacional N-550, fronte á entrada ao hotel El Edén, no termo municipal de Vilaboa.
Dous turismos, un Mercedes e un Ford Focus, chocaron frontalmente.
O forte impacto reduciu os coches a un amasillo de ferros do que foi necesario excarcerar a unha das atrapadas.
Mentres os Bombeiros de Pontevedra e do Morrazo realizaban estas manobras de rescate a estrada permaneceu cortada o que provocou grandes retencións no tráfico.
Os dous feridos, unha muller e un home, foron trasladados en ambulancias do 061 ata un centro hospitalario en Pontevedra.