Dous feridos en senllos accidentes laborais en Poio e Bueu

Bueu
09 de abril 2013

Dous operarios resultaron feridos en senllos accidentes laborais rexistrados este martes en Poio e Bueu. O primeiro dos accidentes laborais tivo lugar sobre as 12.00 horas na localidade de Poio ao sufrir unha caída un traballador cando cargaba un camión no lugar de Lourido. O outro accidente laboral tivo lugar sobre as 12.39 horas. Tratouse dunha caída dun andamio na rúa Johan Carballeira de Bueu, que se saldou cun home duns 55 anos ferido, levado en ambulancia asistencial ao hospital pontevedrés Domínguez

Hospital Miguel Domínguez
Hospital Miguel Domínguez / Mónica Patxot

Dous operarios resultaron feridos en senllos accidentes laborais rexistrados este martes en Poio e Bueu.

O primeiro dos accidentes laborais tivo lugar sobre as 12.00 horas na localidade de Poio ao sufrir unha caída un traballador cando cargaba un camión no lugar de Lourido.

Segundo os datos facilitados polo 112 acudiu un médico de Atención Primaria e unha ambulancia asistencial, que evacuou o ferido ao Hospital Domínguez.

O outro accidente laboral tivo lugar sobre as 12.39 horas. Tratouse dunha caída dun andamio na rúa Xohán Carballeira de Bueu, que se saldou cun home duns 55 anos ferido, levado en ambulancia asistencial ao hospital pontevedrés Domínguez.