A Policía Nacional detivo dous homes como principais subministradores polo miúdo de cocaína e heroína en Marín. Trátase de dous supostos trapicheros que, segundo os axentes, utilizaban para moverse e distribuír substánciaa estupefaciente diferentes medios de transporte, entre eles unha bicicleta e un patinete.
Os dous detidos son veciños de Marín e foron interceptados pola Policía Nacional cando realizaban diferentes transaccións de droga na vía pública, nunha zona na que se detectaba unha afluencia inusual de persoas.
A investigación partiu de queixas veciñais pola existencia dos puntos negros e, para lograr dar cos sospeitosos, axentes da Policía Xudicial e de Seguridade Cidadá estableceron diferentes dispositivos de control e, nun deles, localizáronos.
No momento no que lles deron o alto, localizaron entre as súas roupas varios envoltorios plásticos que contiñan diferentes cantidades de cocaína e heroína. Unha vez cortadas, resultarían un total de 150 dose de cocaína e 200 dose de heroína.
Desde a Policía Nacional indican que eestos dispositivos son un dos moitos que levan a cabo polos axentes para atallar a venta polo miúdo e pequeno tráfico de substancias estupefacientes e tratar de erradicar os puntos negros de venda de drogas.