Un vehículo saíuse da vía cando circulaba na estrada entre Marín e Bueu, na N-551 á altura de Lapamán ás 8:25 da mañá. O turismo impactou contra o peche dunha casa. O accidente provocou unha caída do muro e a rotura dunha canalización. A derruba provocou a invasión de parte do muro na estrada polo que foi necesaria a intervención do servizo de mantemento da vía. Segundo información facilitada polo 112, ata a zona desprazáronse unha unidade de Urxencias medicalizada, unha dotación da Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de Bueu.
No Grove, un particular alertaba ás 9.20 da mañá de que dúas mozas resultaron feridas despois de impactar os seus vehículos á altura da estación de autobuses. As feridas non revisten gravidade se ben unha delas sufriu danos nas cervicais e foron asistidas por Emerxencias Médicas e trasladadas a un centro hospitalario.
E en Pontevedra, un motorista sufriu unha caída cando circulaba pola rúa de Montero Ríos nas proximidades de Marín.