Sanxenxo conta desde este sábado cunha nova intalación deportiva, trala inaguración oficial do campo de fútbol municipal do Cruceiro, en Dorrón.
Coas bancadas ateigadas, o acto inaugural contou con numerosas autoridades. Acompañando o alcalde, Telmo Martín, estaban tamén o presidente da Deputación, Luis López, e o presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, ademais de representantes dos clubs deportivos do municipio.
"Gústanos cumprir os compromisos que adquirimos. Dotar a este campo de herba artificial era unha débeda que tiñamos con este parroquia e este clube de fútbol. Tardamos un pouco máis do previsto, pero o resultado final vai moito máis alá do compromiso porque toda a instalación é nova", afirmou o alcalde.
Rafael Louzán fixo entrega ao alcalde durante o acto dunha camiseta da selección española co seu nome e o número 15, os anos que leva como alcalde nos seus dous estapas, mentres que o actual presidente do C.F. Dorrón recibiu unha camiseta da selección galega.
A renovación do campo de fútbol do Cruceiro supuxo un investimento de máis dun millón de euros, aumidos pola empresa concesionaria da auga como compensación polo canon.
O novo campo conta con céspede de última xeración para a práctica de fútbol once e sete, e alberga tamén diferentes vestiarios para xogadores e árbitros, así como cantina e bancadas. Ademais, acondicionouse a parcela exterior como estacionamento para os usuarios.