Dor en Figueirido: "Nunca se ha visto esto entre gitanos"

Vilaboa
26 de febreiro 2014

Rosi, irmá de María Luisa Jiménez, asegura que "nunca" falecera en España unha muller de etnia xitana en iguais circunstancias, supuestamente vítima dun delito de violencia de xénero polo que xa está en prisión o seu cuñado. Recoñece que o detido "le daba malos tratos" á falecida, pero ela nunca lle denunciou porque "una muller gitana aguanta" e anuncia que pedirá a custodia de catro dos seis fillos da falecida

Familiares e amigos de María Luisa Jiménez durante o velorio da falecida en Figueirido
Familiares e amigos de María Luisa Jiménez durante o velorio da falecida en Figueirido / Mónica Patxot

O corpo sen vida de María Luisa Jiménez Jiménez chegou á casa na que viviu os dous últimos meses da súa vida de madrugada. En Figueirido, na vivenda da súa irmá Rosi, esperáballe unha nutrida representación da súa familia e tamén outros achegados de etnia xitana de distintos puntos da provincia. Permaneceron alí durante toda a noite e a mañá, ata o seu traslado ao cemiterio de San Mauro, onde foi enterrada. Foron moitas horas de dor nas que se repetiron choros e queixumes: a gravidade de que a vítima estivese embarazada e o raro de que saia á luz un caso de malos tratos entre persoas da súa etnia e que desencadee nun crime.

"Nunca se ha visto esto entre gitanos", lamentaba este mércores Rosi Jiménez ás portas da súa casa. Dentro, no baixo da vivenda, velaban o corpo da súa irmá mentres no exterior apoiábanlles varias decenas de familiares, amigos e veciños de Vilaboa. Todos se mostraron moi receptivos cos medios de comunicación que se achegaron á casa, queren que se saiba o que pasou porque "es mucho dolor".

Rosi explica por que é tan inaudita a escena que protagoniza. Asegura que "nunca" falecera en España unha muller de etnia xitana en iguais circunstancias, pois a súa irmá foi supuestamente vítima dun delito de violencia de xénero polo que xa está en prisión o seu cuñado, José Luís Cortiñas Romero. Asegura que o detido "le daba malos tratos" á falecida, pero ela nunca lle denunciou porque "una muller gitana aguanta".

A familia si era coñecedora destes malos tratos, pero nunca imaxinaría que acabasen nun homicidio como o que supostamente o domingo acabou coa vida de María Jiménez, coñecida como 'La Lupe'. Esta violencia tería comezado un ano antes, cando empezou a deteriorarse a relación entre a parella, que levaba 23 anos de matrimonio e tiña seis fillos en común.

"Una vez me la trajeron los yernos con un ojo morado, él vino a buscarla y ella se fue con él"

'La Lupe', de 37 anos, casouse co detido con 14 anos e mudouse a vivir de O Vao (Poio) a Lugo, pero hai un ano supostamente sufriu un episodio de malos tratos que non chegou a denunciar. A Policía tivo constancia do mesmo, no que resultou lesionada, pero ela negouse a acusar ao seu marido e seguiron convivindo ata hai dous meses. A relación xa estaba moi deteriorada e ela mudouse a vivir coa súa irmá en Figueirido, levándose con ela aos seus catro fillos menores, de 11, 6, dous anos e medio e un ano. As maiores, de 22 e 16 anos, xa teñen parella e unha xa está casada e ten vástagos.

Rosi ten constancia deses malos tratos. Asegura que "una vez me la trajeron los yernos con un ojo morado, él vino a buscarla y ella se fue con él", pero agora 'La Lupe' xa se cansou. Estaba embarazada de mes e medio e non quería seguir sufrindo, así que este domingo día 23, cando o seu marido acudiu a Figueirido a buscala, non quería acompañalo. "ÿl le dijo: "vamos Lupe" y ella le dijo: "yo no voy", pero se la llevó a la fuerza", explica a súa irmá.

Segundo indica, iso ocorreu sobre as 14.00 horas do domingo e tres horas despois, sobre as 17.00 horas, o seu cuñado chamouna por teléfono e díxolle "tu hermana me la ha jugado, se ha marchado". Segundo a súa versión dos feitos, o agora detido levoulla no coche en dirección a Lugo e á altura de Santiago de Compostela pararon nunha estación de servizo porque ela dicía que estaba mareada e subiuse nun taxi.

A familia empezou a buscar á desaparecida, pero empezaron a sospeitar e Rosi presentou unha denuncia na Comandancia da Garda Civil de Pontevedra pola que o luns foi interrogado e detido o marido, que acabou confesando que matou á súa esposa e enterrouna en Teixeiro. Finalmente, o corpo apareceu en O Pino, enterrado e, segundo a irmá da falecida, "tenía una nevera encima".

"No solo asesinó a mi hermana, también a mi sobrino, que estaba en estado"

Ata que os feitos se aclararon, o home "nos dio tres versiones y todo era mentira. Ya estaba enterrada, que la enterró él mismo". Relátao con rabia e con odio nas súas palabras, sentimentos dirixidos a quen foi o seu cuñado e que, segundo a autopsia, apuñalou á falecida. Rosi mostra máis rabia ao pensar en como está o corpo da vítima: "mi hermana no era la que está ahora ahí. La apuñaló y la golpeó".

A rabia crece cando pensa nas súas sobrinos, que se quedan "sos". Ela xa decidiu que pedirá a custodia dos catro menores porque "no quiero que tengan relación con la familia del asesino". E a frustración invádelle cando recorda que a falecida estaba embarazada. Rosi sostén que o detido é autor dun dobre crime, pois "no solo asesinó a mi hermana, también a mi sobrino, que estaba en estado".

A Sociedade Xitana en Galicia decreta 10 días de loito oficial e anuncia que como sinal de duelo vai colgar lazos contra a violencia machista a través de todas as feiras e mercados de Galicia.