Dez millóns en cinco anos. É o investimento que o PP esixe ao goberno municipal para Monte Porreiro, ao entender que durante as últimas dúas décadas o barrio estivo "abandonado" e aos seus residentes "no se les ha tratado como se merecen".
Así o manifestou o portavoz popular, Rafa Domínguez, que achacou á "desidia" do alcalde a "mala" situación na que se atopa esta zona da cidade.
O plan do PP, que presentarán como moción ao pleno da corporación, pasa por destinar dous millóns de euros, vía modificación de crédito, para acometer obras "urgentes" no barrio, que identificou con tarefas de limpeza, roza ou reparación de beirarrúas e mobiliario urbano.
Ademais, o popular pide o compromiso do Concello de investir no próximos catro anos un total de oito millóns de euros, a razón de dúas cada ano, para humanizar Monte Porreiro.
Con respecto ao proxecto anunciado polo goberno municipal, Domínguez reclama paralizar calquera actuación que non teña consenso veciñal porque considera que o barrio "ha hablado y ha quedado clara su posición en contra".
O líder popular asegura entender a oposición dos veciños á peonalización da rúa Alemaña, xa que ese plan "no se sostiene" porque Monte Porreiro "ya tiene zonas de esparcimiento" e son prioritarias outro tipo de actuacións.
"Es normal que sientan como un insulto que ahora venga el BNG con este plan cuando hay tantas cosas importantes que mejorar y en las que intervenir de manera urgente", engadiu.