Domínguez pide máis recursos policiais: "Hay barrios en donde la gente tiene miedo a salir a la calle"

Pontevedra
09 de abril 2024
Actualizado: 30 de setembro

Entre outras medidas, o PP propón modificar a ordenanza para a protección da convivencia cidadá para que a Policía Local conte con ferramentas legais para erradicar o consumo de alcol e drogas da vía pública

Silvia Junco e Rafa Domínguez
Silvia Junco e Rafa Domínguez / Mónica Patxot

Ao PP preocúpalle a deterioración da convivencia que, segundo o seu portavoz, Rafa Domínguez, está a rexistrarse en varias zonas da cidade, debido fundamentalmente á presenza de persoas que consomen alcol e drogas na rúa, increpando ou agredindo a veciños e comerciantes.

Estes incidentes "recurrentes", lamentou o edil popular, "están yendo a más" ante a falta de medidas do goberno municipal para controlar esta situación. "Lo más triste de todo es que hay barrios en donde la gente tiene miedo de salir a la calle", asegurou Domínguez.

Residentes da Praza da Ferrería, Campolongo ou o centro histórico trasladaron ao PP as "enormes dificultades que tienen en su día a día" debido á actitude destas persoas ante as "molestias reiteradas" que sofren diante das súas vivendas ou comercios.

"Lo más grave de esta situación", sinalou Rafa Domínguez, é que aos insultos, agresións ou desfeitas que causan estas persoas sumóuselle que "se ha generado un rechazo por parte de muchos padres a llevar a sus hijos al entorno de la Praza da Ferrería".

Ante esta situación Pontevedra ten un "alcalde ausente", segundo Domínguez, ao que os populares lle piden que se reúna cos afectados e que dote á Policía Local dos recursos humanos e materiais que necesitan para poder levar a cabo as súas funcións "en condiciones".

Así, entre outras medidas, o PP propón modificar a ordenanza para a protección da convivencia cidadá para que a Policía Local conte con ferramentas legais para erradicar o consumo de alcol e drogas da vía pública.

Actualmente, sostivo o líder popular, chamar á Policía Local neste tipo de situacións é algo "absolutamente inútil", porque os axentes "no pueden hacer nada" para impedir que esa xente siga consumindo alcol na rúa, xa que carecen de argumentos xurídicos.

Ademais, os populares solicitan que se reforcen os servizos sociais municipais para abordar esta problemática desde a atención directa das persoas sen fogar, que se atopan, en moitos casos, baixo os efectos do alcol e as drogas. 

"La inacción de Lores, y de los que lo mantienen en el poder, es la que está permitiendo que esta situación de degradación continua se prolongue en el tiempo", denunciou o portavoz dos populares, que continuarán recollendo firmas para apoiar aos afectados.