O portavoz do grupo municipal do Partido Popular, Rafa Domínguez, pediu ao alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernánde Lores que se "quite la camiseta del BNG y se ponga la de todos los pontevedreses" para alcanzar acordos positivos para a cidade en en a reunión que manterá este martes 25 de outubro co presidente da Xunta, Alfonso Rueda.
Tras felicitarse "porque existan estes encuentros" e porque o alcalde da capital responda "con normalidad democrática", o xefe da oposición espera que sexa "una reunión positiva" e, sobre todo, "beneficiosa para todos los pontevedreses", detallou Domínguez.
Con todo, o portavoz local do PP trasladou a súa preocupación polas declaracións do rexedor previas á cita, "que Lores diga que ve un boicot hacía Pontevedra en los presupuestos del Gobierno gallego no es un buen punto de partida ni la mejor actitud para ir al encuentro".
En canto ao dossier no que o alcalde avanzou os temas para tratar con Alfonso Rueda, referiuse Rafa Domínguez ao futuro do convento de Santa Clara criticando que o Concello de Pontevedra pida investimentos "cuando todavía no hay ni siquiera un proyecto ni el Concello ha hablado con la Xunta de este tema" e tendo en conta que "en breve este espacio pasará a ser de la Diputación, que será en tal caso el interlocutor válido".
O portavoz do PP tamén se referiu á variante de Alba para lembrar que ""no es una prioridad para el PP de Pontevedra ni para el de Galicia" e tampouco "para los vecinos de Campañó, ni los de Alba", reiterou.
Domínguez se que considera "de absoluta prioridad para la ciudad" o saneamento da Ría, e neste sentido, unha vez canalizadas os investimentos na depuradora e o emisario submarino falta a dragaxe da Ría, para o que esixe tamén ao Goberno galego "un cronograma claro, razonable y serio".
Tamén ofrece o seu apoio a outro proxecto "que creemos muy positivo" e "prioritario" é o destape do río Gafos, do mesmo xeito que a restauración do Pazo de Lourizán "la Xunta nos ha presentado un presupuesto inicial. Así que yo les pido que sean ambiciosos con la reforma".
Por último, Rafa Domínguez citou varias outras actuacións como a estación intermodal, o edificio xudicial da Parda, o edificio administrativo de Benito Corbal ou o Gran Montecelo que pon como exemplo do entendemento entre o Concello e a Xunta "y es el ejemplo que debemos seguir".