Domínguez: "No vamos a permitir que, por el cabreo del BNG, no se hagan las inversiones previstas en Monte Porreiro"

Pontevedra
30 de setembro 2021

O presidente local do Partido Popular, Rafa Domínguez, acompañado pola concelleira Pepa Pardo indicou que a súa agrupación reforzará a presenza no barrio con xuntanzas coa veciñanza para exisir de maneira urxente ao goberno local que manteña os investimentos. O portavoz da oposición afirma que o alcalde está "desconectado" dos problemas veciñais

Pepa Pardo e Rafa Domínguez, do Partido Popular, analizando as obras en Monte Porreiro
Pepa Pardo e Rafa Domínguez, do Partido Popular, analizando as obras en Monte Porreiro / Partido Popular de Pontevedra

O Partido Popular anunciaba este xoves que incrementará as súas reunións con colectivos e axentes sociais de Monte Porreiro despois de que o Concello anunciara a paralización do proxecto para humanizar esta urbanización pontevedresa.

O presidente local do Partido Popular, Rafa Domínguez, acompañado pola concelleira Pepa Pardo afirmou que traballarán co obxectivo de esixir investimentos inmediatos para o barrio. O representante do PP insistiu en que a actuación en relación coa peonalización da rúa Alemaña foi un "ridículo absoluto" por parte do equipo de goberno e nomeou como máximo responsable ao alcalde Miguel Anxo Fernández Lores.

Domínguez acusou o alcalde nacionalista de atoparse afastado da realidade tras 22 anos de mandato e afirmou que esta situación en Monte Porreiro non se produciría co Lores "de hace 15 años". Definiu ao rexedor como "reina madre" cun papel institucional e acusouno de non percorrer as rúas durante os últimos dous anos para comparalo, entre outros rexedores, co socialista Abel Caballero.  "Yo he ido y me he encontrado con el alcalde de Vigo, con el alcalde de Sanxenxo, con el alcalde de Poio o con la alcaldesa de Marín. Están permanentemente en la calle, conectados con la realidad y aquí, en Pontevedra, eso no sucede", afirmou o presidente local do PP.

Os populares sinalan que en moitos puntos do municipio pontevedrés se atopan enfadados como Mollavao, Campolongo, A Parda, A Seca ou Campañó pola falta de atención do goberno local. Neste sentido, tamén criticou ao grupo municipal socialista pola súa "falta de personalidad". Afirmou que o grupo liderado por Tino Fernández di que apoia aos veciños  "y después votan cualquier cosa en el pleno", acusándolles de seguir o que marca o BNG en referencia á moción presentada polo PP no pleno municipal pedindo a paralización do proxecto peonil da rúa Alemaña que se atopou co voto en contra do BNG e do PSOE. 

Destacou o labor veciñal ao entender que as manifestacións e actos de protesta "lograron frenar algo que solo quería el equipo de gobierno". Lamentou, ademais, que o anuncio da paralización do proxecto a cargo do concelleiro de Obras, Demetrio Gómez, se fixera "de muy malas maneras. Echan la culpa a los vecinos, de una forma altanera y poco edificante".

Por este motivo, expuxo que "desde el PP vamos a exigir que el Concello cumpla con el barrio. No vamos a permitir que, por el cabreo del BNG, no se hagan las inversiones previstas para el barrio", aseverando que non aceptan a política de desquite por parte de Fernández Lores ao insinuar que se a veciñanza rexeita a peonalización quedarán sen nada.

Os populares avanzaron que esixirán investimentos urxentes para Monte Porreiro e, nesta liña, manterán un encontro a principios da próxima semana con representantes da asociación O Mirador. Ademais, integrantes do PP acudirán á manifestación convocada para este sábado para reclamar investimentos en Monte Porreiro, aínda que Rafa Domínguez escusou a súa presenza e a de Pepa Pardo, que acudirán esta fin de semana á convención en Valencia do Partido Popular.