Domínguez, "dispuesto" a aprobar os orzamentos de 2024 se Lores abre Raíña Vitoria e devolve a feira á Alameda

Pontevedra
26 de setembro 2023

Ante o que considera unha situación "inédita", que o BNG goberne en minoría sen ser a forza máis votada, Rafa Domínguez lanza unha luva ao executivo municipal. Asegura estar "disposto" a aprobar os orzamentos de 2024 e as modificacións de crédito pendentes. Iso daríalle ao goberno de Miguel Anxo Fernández Lores "dos o tres años" de gobernabilidade, asegura o líder do PP pontevedrés

Miguel Anxo Fernández Lores e Rafa Domínguez chegando ao pleno municipal
Miguel Anxo Fernández Lores e Rafa Domínguez chegando ao pleno municipal / Cristina Saiz

Ante o que considera unha situación "inédita", que o BNG goberne en minoría sen ser a forza máis votada, Rafa Domínguez lanza unha luva ao executivo municipal. Asegura estar "disposto" a aprobar os orzamentos de 2024 e as modificacións de crédito pendentes.

Iso daríalle ao goberno de Miguel Anxo Fernández Lores "dos o tres años" de gobernabilidade, asegura o líder do PP pontevedrés. Pero o seu apoio non será gratis. Condiciónao a dous asuntos: a reapertura de Raíña Vitoria e o regreso da feira ambulante á Alameda.

"Si aceptan el acuerdo con nosotros sería muy sencillo", sostivo Domínguez, que augura que se daría unha "negociación rápida" e evitaría que o alcalde se sometese a unha moción de confianza -se tampouco logra negociar as contas co PSOE- para aprobar o orzamento.

O portavoz do PP considera que esta sería unha "oportunidad perfecta" para que o alcalde demostrase que se abre un "tiempo nuevo de negociación y diálogo" en Pontevedra.

"Estamos siendo muy generosos en la oferta", reiterou o dirixente popular, que engadiu que se o BNG acepta a súa proposta "no renunciaremos a nuestra legítima capacidad de fiscalización y seguiremos ejerciendo la labor de oposición".

Rafa Domínguez, que descarta presentar unha moción de censura contra Lores, admite que o actual goberno foi "legítimamente elegido" grazas a que os socialistas apoiaron ao BNG "a cambio de nada", debido ao "intercambio de cromos" entre ambos os dous partidos en toda Galicia.

Afirmou que se a decisión dependese dos socialistas pontevedreses "habría más posibilidades" de negociar con eles unha hipotética moción de censura, xa que "salvo sorpresa mayúscula" non haberá acordo de goberno entre o PSOE e o BNG.

A este respecto, agarda que o PSOE non volva pecar de "ingenuo y sumiso" despois de permitir a investidura do alcalde e que "no traicione a los pontevedreses" facilitando a gobernabilidade de Lores "sin poner encima de la mesa Reina Victoria y mercadillo".

LORES CONSIDERA QUE ESA OFERTA "NON É ASUMIBLE"

"Ese plantexamento non é asumible polo goberno", sentenciou o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, tras coñecer os detalles da oferta realizada polo líder da oposición, ao que o rexedor ve que "segue anclado no pasado".

Fernández Lores considera que "se hai unha premisa para avanzar podemos chegar a acordos puntuais", pero descarta aceptar as condicións impostas polo PP porque iría en contra dos criterios fixados polo goberno municipal dentro do seu deseño urbano.

O alcalde afirmou que o executivo local está a traballar xa nos orzamentos para 2024 e sostivo que "non vamos a tolerar que non haxa orzamentos", polo que se non conta con maioría suficiente no pleno vinculará as contas a unha moción de confianza. 

En todo caso, Lores reiterou que o BNG priorizará en todo momento a negociación cos socialistas porque "votaron por nós para a Alcaldía", polo que "todo o que sexa negociar" será buscando unha maioría ampla cos socialistas.