A instalación de novas cámaras para controlar o tráfico na cidade e a sinalización identificativa da zona de baixas emisións implantada en todo o núcleo urbano acabou derivando nun cruzamento de acusacións entre a oposición e o goberno municipal.
Todo comezou despois de que o portavoz municipal do PP, Rafa Domínguez, alertase da posibilidade de que se poidan impoñer multas por circular por Pontevedra, ao entender que a zona de baixas emisións elixida é unha medida "chapucera".
Domínguez criticou que, mentres a maioría das cidades españolas acoutou estas zonas a un pequeno núcleo urbano, Pontevedra decidiu "nadar a contracorriente" e situar en "riesgo de sanción" aos condutores que circulen por unha gran parte da cidade.
"Lores y Mosquera, los mismos que negaban que se fuese a cobrar por circular en coche por Pontevedra, serán los que instalen cientos de cámaras para multar a los conductores", denunciou o dirixente popular en rolda de prensa.
O portavoz do PP asegura que "es mentira que todo siga igual porque hay posibilidad de que te multen", polo que esixiu ao alcalde "claridad" e que explique "exactamente" que réxime sancionador se seguirá en Pontevedra.
Facelo mediante as cámaras de tráfico, sostivo Domínguez, "no es aceptable, lógico y tengo dudas de que sea legal", asegurando que esta medida afectaría sobre todo os condutores que queiran entrar en Pontevedra ou aos que viven no rural.
O edil reclamou que o goberno municipal informe á cidadanía "a quién se va a sancionar y a quién no y qué trayectos se pueden hacer sin enfrentarse a una multa y cuáles no".