Domingos deixa numerosos troncos e ramas á deriva na ría de Pontevedra

Pontevedra
06 de novembro 2023

Ao longo deste luns embarcacións de Amare Marín e o buque Irmáns García Nodal de Salvamento Marítimo da Xunta de Galicia traballan na retirada destes elementos. Desde a Autoridade Portuaria de Marín alertan aos barcos que navegan pola ría da presenza de troncos á deriva como consecuencia da forte borrasca dos últimos días

Ponte do Burgo atascada tras o paso da borrasca Domingos
Ponte do Burgo atascada tras o paso da borrasca Domingos / Cristina Saiz

En pleno paso da borrasca Domingos, a ponte do Burgo ofrecía este sábado a imaxe sorprendente de numerosas ramas e troncos de árbores acumuladas nos arcos da ponte do Burgo en Pontevedra, procedentes de distintos puntos por onde baixa o río Lérez, que os arrastraba, ata desembocar na ría.

Durante este luns 6 de novembro, a Autoridade Portuaria de Marín alertaba s embarcacións que navegan pola ría de Pontevedra da presenza destes elementos.

Solicitaban tamén que se extremase a precaución para evitar colisións que poden causar dano no casco das embarcacións.

Ao longo da xornada están a realizarse tarefas de retirada destes anacos de árbores caídos durante estas xornadas de temporais.

Persoal da empresa de amarre e remolque Amare Marín realizaba estes traballos en colaboración co buque Irmáns García Nodal, pertencente a Salvamento Marítimo da Xunta de Galicia.