Doce horas de creación no primeiro Ponte Sustainability Jam galego

Pontevedra
23 de novembro 2014

46 participantes interviron nesta iniciativa que se levou a cabo na Casa das Campás ao mesmo tempo que se desenvolvía noutros 33 países

Ponte Sustainability Jam na Casa das Campás
Ponte Sustainability Jam na Casa das Campás

Estudantes, emprendedores, empregados, desempregados... ata 46 mozos participaron este sábado 22 no evento internacional de deseño de servizos no marco da Global Sustainability Jamque se desenvolveu na Casa das Campás, un recinto cedido pola Universidade de Vigo para a celebración deste acto, organizado polo Espacio Arroelo.

O obxectivo era facer fronte aos desafíos de sostibilidade no mundo a través de técnicas creativas e dunha alta dose de bo humor e alegría. Durante a xornada do 22 de novembro, 33 países realizaban accións similares.

Os participantes desenvolveron diferentes actividades ao longo de doce horas, dende as 9:30 ata as 21:30 horas, que se engloban nas propostas das Ponte Jam.

Global Govjam Pontevedra from el espejo mágico producciones on Vimeo.