Doce agrupacións participarán este venres na Mostra da Parodia

Pontevedra
07 de marzo 2019

O espectáculo, unha das citas obrigadas no entroido pontevedrés, arrincará ás 22:30 horas do venres en diferentes prazas e rúas da cidade

Mostra da Parodia 2018
Mostra da Parodia 2018 / Diego Torrado

O entroido pontevedrés encara xa a súa recta final, mirando cara á súa segunda fin de semana que comezará cunha das citas obrigadas para o público, a Mostra da Parodia.

A XXV edición deste evento, que se  tranformó nos últimos anos para encher de cor diferentes prazas e rúas do centro da cidade, celebrarase este venres 8 de marzo.

Un total de 12 agrupacións participarán este ano na exhibición, que se iniciará ás 22:30 horas e ten previsto o seu fin á 1:00 da madrugada.

A Mostra da Parodia quedou repartida da seguinte maneira:

AGRUPACIÓNUBICACIÓN
Os do Val do LérezPraza de España
Vamos a todoSoportais da Ferrería
Amoriños de BoraPraza da Peregrina
Os das PistasFrente Sidrería Montañés
Reriativa de XeveMichelena-Gutiérrez Mellado
 Praza Curros Enríquez
O que temos que facer para non ir ao marPraza Curros Enríquez
Equipo JaPraza de Ourense
Os TremendosRúa Alhóndiga
Parodia PTVManuel Quiroga
Las Flores del CarnavalPraza da Ferrería
La Reina de los InodorosPraza da Leña

 

Arquivado en