Doar sangue pode salvar vidas: ADOS impulsa as doazóns mediante o hashtag #sumateaonosoequipo

Pontevedra
23 de marzo 2020

Desde o luns 23 de marzo todas as persoas que desexan doar sangue deberán chamar ao teléfono gratuíto de cita previa, que é o 900 100 828

Interesados en doar ante a unidade móbil de doazóns na Praza de Ourense
Interesados en doar ante a unidade móbil de doazóns na Praza de Ourense / PontevedraViva

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), ten como obxectivo nestes días impulsar a doazón de sangue, moi necesaria debido a situación que estamos a vivir.

As doazóns poden salvar vidas e por iso, desde o luns 23 de marzo todas as persoas que desexan doar sangue deberán chamar ao teléfono gratuíto de cita previa, que é o 900 100 828.

Para que as unidades móbiles e locais de doazón sexan seguras, o sistema de cita previa reforza os protocolos de seguridade nelas e tenta garantir unha afluencia axeitada e ordeada para cubrir as necesidades de sangue dos hospitais galegos.